Remake
No cinema, un remake[1] é un filme baseado noutro producido con anterioridade.[2] Unha nova versión dunha serie de televisión tamén é chamada remake.[3]
Cinema
[editar | editar a fonte]O termo "remake" emprégase en xeral para referirse a un filme que usa un filme anterior como fonte principal, e non a unha segunda parte ou continuación baseada na mesma fonte. Por exemplo, Ocean's Eleven (2001) é un remake de Ocean's 11; Batman (1989) é unha reinterpretación do material da banda deseñada que xa inspirara o filme de 1966; Psycho, dirixida por Gus Van Sant en 1998 é unha copia plano por plano de Psicose de Alfred Hitchcock.
Ocasionalmente os remakes son filmados polo mesmo director: Yasujirō Ozu dirixiu en branco en negro Ukigusa monogatari e en cor o seu remake Herbas errantes. Alfred Hitchcock tamén fixo o mesmo con The Man Who Knew Too Much (1934, en branco e negro) e The Man Who Knew Too Much (1956, en cor). En 2008, Michael Haneke dirixiu Funny Games calcando plano a plano o seu orixinal Funny Games, levando aos Estados Unidos e en inglés o que orixinariamente ocorría en Austria e en alemán.
Televisión
[editar | editar a fonte]Os remakes son menos habituais na televisión, pero téñense feito novas versións de series, como Battlestar Galactica (1978 e 2004) ou Hawaii Five-O (1968, 2010). Porén, si se fixeron varios remakes nos Estados Unidos de series británicas, como Three's Company, remake de Man About the House, que mesmo deu lugar a remakes de spin-offs, como The Ropers e George e Mildred.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remake.
- ↑ Beaver, Frank Eugene (2006). Peter Lang, ed. Dictionary of Film Terms: The Aesthetic Companion To Film Art. p. 204. ISBN 978-0-8204-7298-0. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- ↑ Looy, Jan van (Febreiro de 2010). Lambert Academic Pub., ed. Understanding computer game culture: the cultural shaping of a new medium. ISBN 978-3-8383-3213-0. Consultado o 29 de xullo de 2013.