Kernita
Kernita | |
---|---|
Fórmula química | Na2B4O6(OH)2·3H2O |
Clase | 6.DB.05 (Strunz) |
Sistema cristalino | Monoclínico, prismático |
Cor | Incoloro a branco |
Brillo | Vítreo perlado |
Dureza | 2,5 (Mohs) |
Fractura | Astillada |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 1,91 g/cm3 |
A kernita ou rasorita é un mineral da clase dos minerais boratos. Foi descuberta en 1927 nun xacemento de boro no condado de Kern, en California (EUA), de onde provén o seu nome. O outro sinónimo débese polo característico hábito dos grupos de cristais fibrosos, que aparecen cortados rasados.
Características químicas
[editar | editar a fonte]Quimicamente é un tetraborato de sodio hidroxilado e hidratado. Convértese en metakernita se se quenta por riba de 100 a 120 °C, mentres que convértese en tincalconita cando se deshidrata.
Formación e xacementos
[editar | editar a fonte]Aparece en xacementos de rocha sedimentaria con boratos, formadas como evaporitas en ambiente continental árido, ou ben en lutitas con boratos que foron sometidas a metamorfismo.
Adoita atoparse asociado a outros minerais como: ulexita, inyoíta, colemanita ou bórax.
Usos
[editar | editar a fonte]É un importante mineral que se emprega na minaría do boro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kernita, mindat.org.
- Kernita, webmineral.com.
- Manual de kernita, Mineral Data Publishing.