Saltar ao contido

Ulexita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ulexita
Fórmula químicaNaCaB5O9·8H2O
ClaseBorato
Sistema cristalinoTriclínico
CorIncoloro, branco
BrilloVítreo, opalescente
Dureza2,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular e desigual
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade1,96 g/cm3

A ulexita é un mineral do grupo V (boratos), segundo a clasificación de Strunz. É un borato hidratado de sodio e calcio. Pode ser incoloro ou de cor branca.

Foi nomeado así en homenaxe ao químico alemán George Ludwig Ulex (18111883), que foi o primeiro en describilo, en 1850.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Encóntrase en rexións áridas, praias salinas e lagos salinos resecados. Está xeralmente asociado cos minerais pickeringita, nitratina, halita e glauberita Os maiores depósitos coñecidos están nos Estados Unidos (California e Nevada), Chile (Rexión de Tarapacá) e Casaquistán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]