Radio (medio de comunicación)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
A radio é unha tecnoloxía que posibilita a transmisión de sinais mediante a modulación de ondas electromagnéticas. Estas ondas non requiren un medio físico de transporte, polo que poden propagarse tanto a través do aire coma do espazo baleiro.
Unha onda de radio orixínase cando unha partícula cargada (por exemplo, un electrón) excítase a unha frecuencia situada na zona de radiofrecuencia (RF) do espectro electromagnético. Outros tipos de emisións que caen fóra da gama de RF son os raios gamma, os raios X, os raios cósmicos, os raios infravermellos, os raios ultravioleta e a luz visible.
Cando a onda de radio actúa sobre un condutor eléctrico (a antena), induce nel un movemento da carga eléctrica (corrente eléctrica) que pode ser transformado en sinais de son ou outro tipo de sinais portadoras de información.
Aínda que se emprega a palabra radio, as transmisións de televisión, radio, radar e telefonía móbil están incluídas nesta clase de emisións de radiofrecuencia.
En Galicia existen varias cadeas de radio con distintas radiofórmulas, algunhas de distribución estatal e outra de ámbito case exclusivamente galego. As canles oficiais teñen unha presenza en tódalas sete grandes cidades galegas, mentres que outras emisoras son escasas ou de recente implantación. Existen dúas cadeas privadas de ámbito exclusivamente galego: Radio Voz, asociada ó xornal La Voz de Galicia, e Radio Noroeste, do grupo Radio Líder.
Linguaxe radiofónica
[editar | editar a fonte]Con esta denominación non nos referimos á linguaxe oral exclusivamente. A música, o ruído, silencio e os efectos especiais son parte tamén da linguaxe radiofónica.
A locución
[editar | editar a fonte]Como medio de comunicación, require unha forma de transmisión concreta. É fundamental para o comunicador radiofónico a súa voz, que é a súa ferramenta de traballo. O timbre, o ton, a intensidade, a entoación, o acento, a modulación, a velocidade e os intervalos son os matices que determinan o estilo da radio.
É preciso unha boa vocalización e ler con naturalidade para no caer en erros de tipo gramatical e que se comprenda ben a mensaxe que se desexa transmitir.
A linguaxe radiofónico está composta por unhas regras que fan posíbel a comunicación. Cada unha delas proporciona un valor necesario para a comprensión da mensaxe:
- A voz achega a carga dramática.
- A palabra, a imaxe conceptual.
- O son describe o contexto físico.
- A música transmite o sentimento.
- O silencio, a valoración.
Xéneros radiofónicos
[editar | editar a fonte]A radio é o medio propio para unha entrevista, o debate ou un parladoiro. A adaptación dos xéneros xornalísticos á radio caracterízase pola riqueza expresiva e o carácter persoal que se incorpora á mensaxe transmitida. As claves para unha boa comunicación son contidos concisos, claros e directos.
- Os xéneros radiofónicos poderían clasificarse do seguinte xeito:
- A reportaxe
- A crónica
- A crítica
- O comentario
- O editorial
- A entrevista
- O parladoiro
- O debate
- O xornal
- A revista
- A cuña
Historia da radio
[editar | editar a fonte]É imposible datar o nacemento da radio nun punto exacto e cada Estado vai intentar atribuírse a súa invención, aínda que a radio actual son un compendio de descubrimentos que fixeron moitas persoas independentemente. Así temos como posibles inventores a Aleksandr Stepánovich Popov, por Rusia; Nikola Tesla por Estados Unidos; Guglielmo Marconi polo Reino Unido, Julio Cervera por España, ou o padre Roberto Landell de Moura polo Brasil. O seu nacemento enmárcase no século XIX, aínda que anteriormente xa había métodos para comunicarse a distancia polo ar, por exemplo, coas pombas mensaxeiras ou cos sinais de fume, ou coa chamada telegrafía óptica, no século XVIII co telégrafo de J. Chappe. Destacar tamén a aparición da telegrafía eléctrica, en 1833, inventada por Samuel Morse, onde se enviaban mensaxes codificadas mediante cables consistentes en impulsos eléctricos. Por convenio o inventor da radio é o italiano Guglielmo Marconi, que en 1897 tivo unha experiencia telegráfica sen fíos no Reino Unido, pero o certo é que Marconi non podería conseguir resultados sen pretéritos descubrimentos científicos, de feito, a Suprema Corte Americana concedeulle a Nikola Tesla o mérito da creación da radio, tendo en conta que Marconi usara 19 patentes de Tesla no seu proxecto.
Foron os avances no campo da ciencia os que posibilitaron o nacemento da radio. Sería imposible que se investigara a comunicación a distancia sen fíos sen que, en 1824, o físico escocés James Clerk Maxwell formulara a teoría das ondas electromagnéticas ou sen que o físico alemán, en 1888, Heinrich Hertz inventara un aparello que producía ondas de radio.
A aparición do teléfono tamén é xermolo da radio, así en 1876 Graham Bell patentou un aparato que transmitía a voz mediante fíos, canda outros coetáneos seus, como Antonio Meucci, en Italia, tamén fixo o mesmo ao seu xeito. Os primeiros programas de radio transmitíronse a través do teléfono, co chamado teatrófono.
Tamén foi un adianto moi grande a aparición do fonógrafo, capaz de gravar, almacenar e reproducir sons.
O primeiro uso masivo da radio deuse nos Estados Unidos, entre 1922 e 1923 aumentou o número de emisoras con licenza de 28 a 550[1]. A idade de ouro da radio son os convulsos anos trinta, en tempos de entreguerras, onde os poderes se dan conta da importancia deste medio de comunicación, como medio práctico para vender as súas ideas. A súa primeira crise foi nos anos cincuenta, cando se mete no medio a televisión, provocando que a radio se especialice, parecéndose o resultado o que actualmente se dá, con, por exemplo, estacións de radios dedicadas só á música.
Actualmente temos a radio por Internet, que marca un punto de inflexión na historia da radio, podéndose escoitar esta por diferido ou apoiarse noutros elementos que antes non podía.
O ano 2011, a UNESCO aproba a celebración do día 13 de febreiro como Día Mundial da Radio, co obxectivo de sensibilizar á sociedade da importancia da radio, promover e fomentar o acceso á información a través deste medio de difusión, e mellorar a cooperación entre emisoras no plano internacional. Escolleuse este día porque foi o 13 de febreiro de 1946 cando naceu a radio das Nacións Unidas [2].
Historia da radio en Galicia
[editar | editar a fonte]A primeira radio en España foi Unión Radio en Madrid, creada en 1924, aínda que a que primeiro se rexistrou foi Radio Barcelona (EAJ-1). En Galicia, os primeiros pasos experimentais déronse en 1932 en Pontevedra e A Coruña. A primeira radio estable foi Radio Galicia, de Santiago de Compostela, en 1933. En 1934 xurdiron Radio Coruña, Radio Pontevedra e Radio Vigo e en 1935 Radio Ourense, Radio Lugo e Radio Ferrol. Todas estaban asociadas á Unión Radio (que se convertería na Cadena SER), menos Radio Ferrol que foi iniciativa da Falanxe, e os seus horarios de emisión inicialmente eran escasos, máis tendo en conta que os receptores eran moi caros. O mundo do galeguismo pronto a utilizou como medio para divulgar os seus ideais e, nun esforzo técnico, se chegaron a emitir en directo á emigración suramericana tanto o congreso de concellos a favor do Estatuto como a celebración da aprobación poucos días antes do golpe de estado.
Francisco Franco tamén comprendeu a importancia propagandística da radio como medio, e impuxo a censura na lingua e nos contidos. Con todo, emisoras ilegais ou estranxeiras chegarían a superar este obstáculo co tempo, como a BBC, con Francisco Fernández del Riego como figura destacada, e Radio Pirenaica, do PCE.
Ligazóns externas e frecuencias en Galiza das principais emisoras
[editar | editar a fonte]Web | A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | Ferrol | Santiago | Vigo |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Radio Galega | 104.8 | 98.3 | 98.3 | 94.7 | 103.9 | 96.2 | 95.1 |
RNE 1 | 639 om e 100.4 fm | 801 om | 100.6 | 855 om | - | 103.1 | 90.1 |
RNE 3 | 94.5 | 99.6 | 99.4 | 94.6 | - | 99.0 | 97.4 |
RNE 5 todo noticias | 558 om e 95.8 fm | 1098 om | 95.1 | 104.3 | - | 93.7 | 96.0 |
RNE Radio clásica | 91.6 | 88.2? | 97.2 | 88.3 | - | 98.1 | 92.1 |
LOS40 | 91.0 | 91.8 | 87.6 | 89.1 | - | 90.6 | 99.4 |
Cadena 100 | 88.7 | 90.0 | 92.4 | 89.6 | - | 88.4 | 87.8 |
Cadena Cope | 96.9 | 88.9 | 1143 om | 106.4 | 837 om e 97.9 fm | 97.1 | 900 om |
Cadena Dial | - | 90.8 | 96.1 | 91.4 | 98.5 | - | 96.9 |
Europa FM | - | 94.9 | 93.3 | 106.9 | 95.0 | 106.1 | 103.8 |
Kiss FM | - | - | - | - | - | - | 94.0 |
Radio Marca | 89.2 | - | - | - | - | - | 101.9 |
Radio Líder NW Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine. | 105.1 | 105.1 | 104.5 | 107.9 | - | 101.8 | 91.1 |
M80 | 97.6 | - | - | 105.1 | - | - | 101.5 |
Onda Cero | 102.7 | 105.6 | 98.8 | 106.9 | 99.3 | 104.6 | 94.0 |
Cadena Ser | 1080 om e 93.4 fm | 95.6 | 1584 om e 96.1 fm | 98.7 | - | 873 om | 100.6 |
Radio Voz | 92.6 | 105.6 | 101.4 | 93.1 | 105.4 | 106.1 | 103.8 |
MáximaFM | - | - | - | 97.8 | - | - | 104.7 |
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radio |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco Campaña, Xosé Luís (1999). Historia da radio en Galicia. Santiago de Compostela. Edicións Lea. ISBN 84-89947-73-2.
- García González, Aurora (2000). Comunicación radiofónica. Vigo. Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-170-4.