Parladoiro
Aparencia
Un parladoiro[1] ou faladoiro é calquera lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade.
En construción denomínase parladoiro á fiestra que conta con dous asentos aos lados e que permite sentar para ollar pola ventá ou para falar con outra persoa que senta enfronte, de aí o nome[2]. Consiste nun van no que sobresaen cara ao oco dúas pedras das xambas a xeito de asentos. Dáse nas casa grandes, nos pazos, nos castelos e nalgunhas vivendas. Acostuman estar nas ventás da sala de respecto ou da cociña; sempre no sobrado da vivenda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denominación galega en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
- ↑ {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1160954&sinom=0 |título=Denominación e definición galega en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021124848/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1160954&sinom=0 |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}