Radiación gamma
Radiación gamma ou raio gamma (γ) é un tipo de radiación electromagnética producida xeralmente por elementos radioactivos, procesos subatómicos como a aniquilación dun par positrón-electrón. Este tipo de radiación tan enerxética tamén se produce en fenómenos astrofísicos de gran violencia.
A enerxía deste tipo de radiación é medida en Megaelectron-volts (MeV). Un Mev corresponde a fotóns gamma de lonxitudes de onda inferiores a metros ou frecuencias superiores a Hz.
Características
[editar | editar a fonte]Debido ás altas enerxías que posúen, os raios gamma constitúen un tipo de radiación ionizante capaz de penetrar na materia máis profundamente que a radiación alfa ou beta. Debido á súa elevada enerxía, poden causar danos no núcleo das células, por iso úsanse para esterilizar equipos médicos e alimentos.
Os raios gamma prodúcense na pasaxe dun nucleón dun nivel excitado para outro de menor enerxía e, na desintegración de isótopos radioactivos. Están xeralmente asociados á enerxía nuclear e aos reactores nucleares. A radioactividade atópase no noso medio natural, desde os raios cósmicos que bombardean a Terra provenientes do Sol e das galaxias de fóra do noso sistema solar, ata algúns isótopos radioactivos que fan parte do noso medio natural.
Os raios gamma producidos no espazo non chegan á superficie da Terra, pois son absorbidos na parte máis alta da atmosfera. Para observar o universo nestas frecuencias, é necesaria a utilización de balóns de grande altitude ou observatorios espaciais. En ambos os casos utilízase o efecto Compton para detectar os raios gamma.
Os raios gamma prodúcense en fenómenos astrofísicos de alta enerxía como en explosións de supernovas ou núcleos de galaxias activas. En astrofísica denomínanse GRB(Gamma Ray Bursts) as fontes de raios gamma que duran algúns segundos ou algunhas poucas horas, seguindo logo un brillo decrecente da fonte en raios X. Ocorren en posicións aleatorias do ceo e a súa orixe permanece aínda baixo discusión científica. En todo caso parecen constituír os fenómenos máis enerxéticos do universo.
A radiación gamma úsase nos exames da medicina nuclear, concretamente nos PET. É detectábel cunha cámara gamma.