Río Amur
(zh-hans) 黑龙江 (ru) Амур (mnc) ᠰᠠᡥᠠᠯᡳᠶᠠᠨ ᡠᠯᠠ | ||||
Tipo | rio internacional (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
País da cunca | Rusia | |||
División administrativa | Krai da Transbaicália, Rusia (pt) , Amur Oblast (en) , Oblast Autónomo Hebreo, Rusia, Krai de Khabarovsk, Rusia e Heilongjiang, República Popular da China | |||
Localización | Rio Onon (pt) | |||
Final | ||||
Localización | Mar de Ojotsk | |||
| ||||
Afluentes | 25 | |||
Conca hidrográfica | conca do río Amur | |||
Características | ||||
Dimensións | 2.824 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.855.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 12.800 m³/s | |||
O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia cuxa conca hidrográfica se estende por partes de Mongolia, Rusia e China ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra.
Dende o punto de vista administrativo, percorre o óblast de Amur, o óblast Autónomo Hebreo, o krai de Khabarovsk, en Rusia, e a provincia chinesa de Heilongjiang, drenando unha conca de 1 885 000 km², que é a 12ª máis extensa do planeta.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río está formado pola unión do Chilka e do Argun. Na actualidade conforma a fronteira natural entre Rusia e a China, sobre preto de 1.600 km, antes de recibir o río Songhua Jiang e o Ussuri, e entrar definitivamente en Rusia, onde desemboca no estreito da Tartaria, no mar de Okhotsk (ao norte do océano Pacífico), fronte da illa de Sakhalin.
Economía
[editar | editar a fonte]No seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argun, é navegábel en territorio ruso completamente, mais por causa dos xeos está pechado para a navegación durante uns seis meses.
O equipamento hidroeléctrico, que consta de 14 encoros de máis de 15 m de alto, permite a industrialización da rexión.
Hidroloxía
[editar | editar a fonte]O Amur ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto do monzón, mentres a estiaxe é invernal. Na desembocadura o caudal medio é de 11.000 m³ por segundo e a súa conca ocupa 1.850.000 km².
Cidades
[editar | editar a fonte]Ás beiras do Amur fican as seguintes cidades:
China
[editar | editar a fonte]Rusia
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Amur |