Punto (xeometría)
Na Xeometría, os puntos non posúen volume, área, lonxitude ou calquera dimensión semellante. Así, un punto é un obxecto de dimensión 0 (cero).[1] Un punto tamén pode ser definido coma unha esfera de diámetro cero.
Xeometría euclidiana
[editar | editar a fonte]Nos Elementos de Euclides, un punto é definido coma "o que non ten partes". Isto significa que o que caracteriza un punto é a súa posición no espazo.[2] Co xurdimento da xeometría analítica, pasou a ser posíbel referirse a esa posición a través de coordenadas.[3]
Xeometría proxectiva
[editar | editar a fonte]Na xeometría proxectiva, un punto é un elemento dun espazo proxectivo, ou sexa, é unha recta.[4]
Topoloxía
[editar | editar a fonte]En topoloxía, un espazo topolóxico é un conxunto de puntos, aos cales está asociada unha noción de proximidade. Porén, existe unha abordaxe recente da topoloxía, chamada a topoloxía sen puntos, que estuda os espazos topolóxicos sen se referir aos puntos que os constitúen. Esta abordaxe encádrase na teoría das categorías.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Greenberg, Marvin J. dn (1980). Euclidean and non-Euclidean geometries : development and history. San Francisco : W. H. Freeman. ISBN 978-0-7167-1103-2.
- ↑ Heath, Thomas (1956). The Thirteen Books of Euclid's Elements.
- ↑ Descartes, René. La Géométrie (1637). En: Adam, Charles & Tannery, Paul (eds.). Oeuvres de Descartes. Paris: Léopold Cerf, 1897.
- ↑ Coxeter, H.S.M. (1987). Projective Geometry (en inglés). Springer.
- ↑ "Stone Spaces. Logic, categories and sets". Johnstone, P.T. Cambridge University Press (en inglés). Consultado o 2024-12-06.