Saltar ao contido

Post Mortem (filme de 2020)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Post Mortem
Ficha técnica
Título orixinalPost Mortem
DirectorPéter Bergendy
IntérpretesViktor Klem
EstreaFestival de Varsovia: 9 de outubro de 2020
Duración115 minutos
OrixeHungría Hungría
XéneroTerror
Na rede
IMDB: tt9834506 Facebook: postmortemmozi Editar o valor en Wikidata

Post Mortem é un filme húngaro de 2020 dirixido por Péter Bergendy.[1] Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]

En 1918, cara ao final da primeira guerra mundial, nun campo de batalla, o soldado alemán Tomás é dado por morto tras unha explosión de artillaría, sendo lanzado a unha fosa común; porén, un soldado veo aínda respirando na pila de cadáveres e sácao dunha trincheira inundada, onde en estado semiinconsciente debido á explosión, tiña unha visión estraña: a dunha moza que o chama de novo á vida. Seis meses despois, traballa como fotógrafo compoñendo fotos familiares nas que os vivos e os mortos (maquillados e recompostos) posan xuntos. Tomás ve como a súa alucinación parece materializarse na enigmática persoa de Anna, unha nena orfa duns dez anos de idade.

Tomás sepárase temporalmente da caravana viaxeira da que é membro, para ir á aldea húngara de Anna, convidado por algúns dos seus habitantes. Resulta que nesa aldea e noutras dos arredores, o terreo xeado impide o enterro das numerosas vítimas dunha terrible pandemia.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]