Saltar ao contido

Paladina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
SímbolosPALLD (HGNC: 17068) PALLD, CGI-151, CGI151, MYN, PNCA1, SIH002, paladina, proteína asociada citoesquelética
Identificadores
externos
LocusCr. 4 q32.3
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
23022 72333
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
Q8WX93 Q9ET54
RefSeq
(ARNm)
NM_001166 NM_001081390
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001159 NP_001074859
Localización (UCSC)
Cr. 4:
168.93 – 168.5 Mb
Cr. 8:
61.96 – 62.36 Mb
PubMed (Busca)
23022


72333

A paladina é unha proteína que nos humanos está codificada no xene PALLD do cromosoma 4.[1][2][3][4] A paladina é un compoñente dos microfilamentos que conteñen actina que controlan a forma da célula, a adhesión celular e a contracción.[4]

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

A paladina foi caracterizada independentemente por dous grupos de investigadores, primeiro no laboratorio de Carol Otey (en 2000)[2] e despois no laboratorio de Olli Carpén (en 2001).[5] Forma parte da familia miotilina-miopaladina-paladina e pode xogar un importante papel na modulación do citoesqueleto de actina.[6] A paladina, a diferenza da miotilina e a miopaladina, que se expresan só no músculo estriado, exprésase amplamente nas células de orixe mesenquimática.

A paladina (palladin) foi nomeada en honra do arquitecro italiano do Renacemento Andrea Palladio, para salientar a súa localización nos elementos arquitecturais da célula.[2]

O citoesqueleto eucariota. A paladina é un compoñente da maquinaria deste complexo celular.

Isoformas

[editar | editar a fonte]

Nos humanos parece que existen sete isoformas da paladina, algunhas das cales se orixinan por empalme alternativo.[7] Nos ratos, orixináronse tres isoformas da paladina a partir dun só xene. Estas isoformas conteñen entre tres e cinco copias (dependendo da isoforma) dun dominio de tipo inmunoglobulina e entre unha e dúas copias dun dominio de poliprolina.[2]

A función biolóxica precisa desta proteína non se coñece ben, pero xoga un papel na organización do citoesqueleto, desenvolvemento embrionario, motilidade celular, formación de cicatrices na pel e desenvolvemento das células nerviosas.[6]

Ligamento con enfermidades

[editar | editar a fonte]

Recentemente, demostrouse que o ARN da paladina sobreexprésase en pacientes de neoplasia pancreática, e que a paladina se sobreexpresa e muta nunha forma herdada de cancro de páncreas.[8] A mutación da paladina identificada no cancro pancreático familiar pode ser exclusiva dunha soa familia de América do Norte, xa que esta mesma mutación non se encontrou en ningunha outra poboación europea ou norteamericana noutros dous estudos xenéticos.[9][10]

Ademais, Salaria et al. demostraron que a paladina se sobreexpresa no estroma non neoplásico de cancro de páncreas, pero só raramente nas células de cancro propiamente ditas,[11] o que parece indicar que o papel da paladina nesta enfermidade pode implicar cambios no microambiente do tumor. Cómpre claramente facer máis investigacións antes de que se chegue a comprender completamente o papel desta proteína na neoplasia.

Tamén se identificaron mutacións causantes de enfermidades nas outras dúas proteínas membros desta familia. As mutacións da miotilina causan unha forma de distrofia muscular das cinturas das extremidades, e as mutacións da miopaladina causan unha forma herdada de enfermidade cardíaca, a miocardiopatía dilatada.

Interaccións

[editar | editar a fonte]

PALLD presenta interaccións coa EZR.[5]

  1. Nagase T, Ishikawa K, Suyama M, Kikuno R, Hirosawa M, Miyajima N, Tanaka A, Kotani H, Nomura N, Ohara O (Jul 1999). "Prediction of the coding sequences of unidentified human genes. XIII. The complete sequences of 100 new cDNA clones from brain which code for large proteins in vitro". DNA Res 6 (1): 63–70. PMID 10231032. doi:10.1093/dnares/6.1.63. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Parast MM, Otey CA (setembro de 2000). "Characterization of Palladin, a Novel Protein Localized to Stress Fibers and Cell Adhesions". J Cell Biol 150 (3): 643–56. PMC 2175193. PMID 10931874. doi:10.1083/jcb.150.3.643. 
  3. Wiemann S, Weil B, Wellenreuther R, Gassenhuber J, Glassl S, Ansorge W, Böcher M, Blöcker H, Bauersachs S, Blum H, Lauber J, Düsterhöft A, Beyer A, Köhrer K, Strack N, Mewes HW, Ottenwälder B, Obermaier B, Tampe J, Heubner D, Wambutt R, Korn B, Klein M, Poustka A (2001). "Toward a Catalog of Human Genes and Proteins: Sequencing and Analysis of 500 Novel Complete Protein Coding Human cDNAs". Genome Res. 11 (3): 422–35. PMC 311072. PMID 11230166. doi:10.1101/gr.GR1547R. 
  4. 4,0 4,1 "Entrez Gene: PALLD palladin, cytoskeletal associated protein". nih.gov. 
  5. 5,0 5,1 Mykkänen OM, Grönholm M, Rönty M, Lalowski M, Salmikangas P, Suila H, Carpén O (2001). "Characterization of Human Palladin, a Microfilament-associated Protein". Mol. Biol. Cell 12 (10): 3060–73. PMC 60155. PMID 11598191. doi:10.1091/mbc.12.10.3060. 
  6. 6,0 6,1 Otey CA, Rachlin A, Moza M, Arneman D, Carpen O (2005). The palladin/myotilin/myopalladin family of actin-associated scaffolds. Int. Rev. Cytol. International Review of Cytology 246. pp. 31–58. ISBN 9780123646507. PMID 16164966. doi:10.1016/S0074-7696(05)46002-7. 
  7. Rachlin AS, Otey CA (2006). "Identification of palladin isoforms and characterization of an isoform-specific interaction between Lasp-1 and palladin". J. Cell Sci. 119 (Pt 6): 995–1004. PMID 16492705. doi:10.1242/jcs.02825. 
  8. Pogue-Geile KL, Chen R, Bronner MP, Crnogorac-Jurcevic T, Moyes KW, Dowen S, Otey CA, Crispin DA, George RD, Whitcomb DC, Brentnall TA (2006). "Palladin Mutation Causes Familial Pancreatic Cancer and Suggests a New Cancer Mechanism". PLOS Med. 3 (12): e516. PMC 1751121. PMID 17194196. doi:10.1371/journal.pmed.0030516. 
  9. Slater E, Amrillaeva V, Fendrich V, Bartsch D, Earl J, Vitone LJ, Neoptolemos JP, Greenhalf W (2007). "Palladin Mutation Causes Familial Pancreatic Cancer: Absence in European Families". PLOS Med. 4 (4): e164. PMC 1855695. PMID 17455999. doi:10.1371/journal.pmed.0040164. 
  10. Zogopoulos G, Rothenmund H, Eppel A, Ash C, Akbari MR, Hedley D, Narod SA, Gallinger S (2007). "The P239S palladin variant does not account for a significant fraction of hereditary or early onset pancreas cancer". Hum. Genet. 121 (5): 635–7. PMID 17415588. doi:10.1007/s00439-007-0361-z. 
  11. Salaria SN, Illei P, Sharma R, Walter KM, Klein AP, Eshleman JR, Maitra A, Schulick R, Winter J, Ouellette MM, Goggins M, Hruban R (2007). "Palladin is Overexpressed in the Non-Neoplastic Stroma of Infiltrating Ductal Adenocarcinomas of the Pancreas, but is only Rarely Overexpressed in Neoplastic Cells". Cancer Biol. Ther. 6 (3): 324–8. PMC 3144721. PMID 17404500. doi:10.4161/cbt.6.3.3904. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]