Saltar ao contido

Non é un país para vellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non é un país para vellos
Ficha técnica
Título orixinalNo Country for Old Men
DirectorJoel e Ethan Coen
ProdutorScott Rudin
Joel e Ethan Coen
GuiónJoel e Ethan Coen
Baseado enNo Country for Old Men de Cormac McCarthy
IntérpretesTommy Lee Jones
Javier Bardem
Josh Brolin
Woody Harrelson
Kelly Macdonald
Garret Dillahunt
Tess Harper
MúsicaCarter Burwell
FotografíaRoger Deakins
MontaxeJoel e Ethan Coen
EstudioMiramax Films
Paramount Vantage
Scott Rudin Productions
Mike Zoss Productions
DistribuidoraWalt Disney Studios Motion Pictures
(USA)
Paramount Pictures
(Internacional)
Estrea 9 de novembro de 2007
Galicia 26 de xaneiro de 2011 (TVG)
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$25 000 000
Recadación$171 600 000
Na rede
http://www.miramax.com/movie/no-country-for-old-men
IMDB: tt0477348 Filmaffinity: 177270 Allocine: 110096 Rottentomatoes: m/no_country_for_old_men Mojo: nocountryforoldmen Allmovie: v348834 TCM: 643517 Metacritic: movie/no-country-for-old-men TV.com: movies/no-country-for-old-men Netlix: 70071613 Editar o valor en Wikidata

Non é un país para vellos[1] (en inglés: No Country for Old Men) é un filme dirixido polos irmáns Coen no 2007. Baséase na novela homónima de Cormac McCarthy.[2][3] Está protagonizado por Tommy Lee Jones, Javier Bardem e Josh Brolin e conta a historia dun home corrente ó cal o azar lle dá unha fortuna que non lle pertence.[4] Os temas do destino, a conciencia e as circunstancias xa foran tratados noutros filmes dos irmáns Coen como Sangue fácil e Fargo.

A longametraxe obtivo catro Premios Óscar na edición de 2008: mellor filme, mellor director, mellor guión adaptado e mellor actor secundario para Javier Bardem. Estreouse en galego na TVG o 26 de xaneiro de 2011.

Ed Tom Bell (Tommy Lee Jones) é un shériff dun condado ao oeste de Texas. Lamenta o aumento da violencia nunha rexión que en tempos do seu pai e do seu avó, tamén shériffs, fora máis tranquila. No ano 1980, Llewelyn Moss (Josh Brolin), un cazador de antílopes que se atopa preto do Río Grande, descobre un día uns homes mortos a balazos, un cargamento de heroína e dous millóns de dólares en efectivo. Leva os cartos á súa casa, e á noite, comesto polos remordementos, volve ao lugar para darlle auga a un home moribundo. Dous homes perségueno, e perde o seu vehículo. Regresa a casa, colle os cartos e dille á súa muller, Carla Jean (Kelly Macdonald), que vaia a casa da súa nai, e marcha a un hotel do condado veciño, escondendo a maleta dos cartos no conduto do aire acondicionado.

Anton Chigurh (Javier Bardem), un asasino a soldo contratado para recuperar os cartos, estrangula un axente do shériff para escapar e rouba un coche. Mediante un radiotransmisor oculto na maleta dos cartos, persegue a Llewelyn. Chega á habitación do lado da deste e mata os mexicanos que están nela, mais cando se decata de que a maleta estaba no conduto do aire, o outro home xa marchara. Nun hotel nunha cidade da fronteira con México Moss decátase de que leva o radiotransmisor. Prodúcese un tiroteo entre el e Anton, e os dous fican feridos. Moss escapa cara a México e é levado a un hospital. Carson Wells (Woody Harrelson), outro axente contratado, ofrécelle protección a cambio dos cartos.

Logo de que Anton cure as súas propias feridas, vai ó hotel de Wells e mátao. Recibe unha chamada de Moss, e dille a este que o próximo lugar ao que irá será onde a súa muller para matala, a menos que lle devolva os cartos. Moss cítase coa súa muller nun hotel en El Paso para darlle os cartos e evitar poñela en perigo. Acepta a oferta para salvar o seu home, pero non chega a tempo e só logra ver unha camioneta con homes marchando do lugar e Moss morto na habitación.

Esa noite o shériff Bell regresa á escena do crime e atopa a pechadura rota segundo o estilo que fora deixando Anton. Este escóndese trala porta dunha habitación do hotel, observando a través dun burato. Bell entra na habitación de Moss e observa que a cuberta do conduto de ventilación fora aberta. Carla Jean regresa do funeral da súa nai, e atopa a Chigurh no seu dormitorio. Ela dille que non ten os cartos, e el dille que ten que matala porque llo prometera a Moss. Ofrécelle a opción de salvar a súa vida acertando cara ou cruz nunha moeda lanzada ao aire, pero ela dille que non, que a elección é del. Chigurh sae da casa só e marcha nun coche, mais é ferido nun accidente de tráfico. Escapa andando cun brazo roto.

Xa retirado, Bell cóntalle dous soños coa súa muller (Tess Harper).

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. A Galega estrea este mércores "Non é un país para vellos"
  2. Thompson, Gary (9 de novemebro de 2007). Philadelphia Daily News, ed. "Creep in the heart of Texas". Consultado o 4 de xaneiro de 2004. 
  3. Schwarzbaum, Lisa (7 de novemnbro de 2007). EW.com, ed. "No Country for Old Men". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2004. 
  4. Burr, Ty (9 de novembro de 2007). The Boston Globe, ed. "The Coen brothers' cat and mouse chase in the sweet land of liberty". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]