Saltar ao contido

Níxer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Niger»)
Modelo:Xeografía políticaNíxer
Nijar (ha) Editar o valor en Wikidata

HimnoLa Nigérienne (12 de xullo de 1961) Editar o valor en Wikidata

Lema«Fraternité, Travail, Progrès»
«Fraternity, Work, Progress»
«Братство, труд, прогрес»
«Brawdoliaeth, Gwaith, Datblygiad» Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Níxer Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°N 10°L / 17, 10
CapitalNiamey Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Agadez (região) (pt) Traducir
Diffa (pt) Traducir
Dosso (pt) Traducir
Maradi (pt) Traducir
Niamey
Tahoua (pt) Traducir
Tillabéri (pt) Traducir
Zinder (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.477.348 (2017) Editar o valor en Wikidata (16,95 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.267.000 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Idoukal-n-Taghès (pt) Traducir (2.022 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Níxer (200 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataMohamed Bazoum (2021–2023)
Mahamadou Issoufou (2011–2021)
Salou Djibo (pt) Traducir (2010–2011)
Tandja Mamadou (1999–2010)
Abdourahamane Tchiani (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Niger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataIbrahim Assane Mayaki (en) Traducir (1997–2000)
Hama Amadou (2000–2007)
Seyni Oumarou (en) Traducir (2007–2009)
Albadé Abouba (en) Traducir (2009–2009)
Ali Badjo Gamatié (pt) Traducir (2009–2010)
Mahamadou Danda (en) Traducir (2010–2011)
Brigi Rafini (2011–2021)
Ouhoumoudou Mahamadou (pt) Traducir (2021–2023)
Ali Lamine Zeine (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Níger (pt) Traducir , (Escano: 171) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal14.915.002.098 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco CFA de África Occidental Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ne Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+227 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia17 e 18 Editar o valor en Wikidata
Código de paísNE Editar o valor en Wikidata

Páxina webpresidence.ne Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453561

Níxer[1][2] é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.

Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.

Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.

Artigo principal: Historia de Níxer.

O territorio nixerino estivo habitado dende hai máis de 60.000 anos, como así o testemuñan a evidencia arqueolóxica encontrada. Este descubrimento entronca coa evidencia botánica, climática e xeolóxica, que indica que neses tempos o proceso de desertificación de toda a rexión norte aínda non se producira ou era apenas incipiente.

Entre os séculos X e XIX, existiu un poderoso reino denominado Hausa, que se alimentou do control das rotas das caravanas que cruzaban o Sáhara e dominaba a rexión máis fértil do sur. O apoxeo desta cultura produciuse arredor de 1400, para comezar a decaer coa conquista europea de Níxer no século XVIII.

A colonización francesa concretouse totalmente no século XIX, cando o actual territorio de Níxer pasou a formar parte da África Occidental Francesa, situación que persistiu até 1958.

Independencia

[editar | editar a fonte]

O país obtivo a súa independencia en 1960. O primeiro presidente foi Hamani Diori, que logrou a súa reelección nas eleccións de 1965 e 1970, cun goberno tranquilo e moderado. Mais as fortes secas que se sucederon a partir de 1968 comezaron a xerar un estado de inquietude social e de inestabilidade gobernativa, que conduciron a un primeiro golpe de estado militar en 1974 dirixido polo coronel Seyni Kountché, que derrocou a Diori. Kountché sufriu á súa vez varios intentos golpistas que conseguiron ser abortados. En 1983 elaborou un Consello Lexislativo de Ministros formado por civís e presidido por Oumarou Maname.

Kountché faleceu catro anos máis tarde, sendo substituído polo seu camarada Ali Seibou, que acrecentou a súa base de poder na década dos 80. A principal preocupación do seu goberno foi desenvolver e diversificar a feble base económica e produtiva do país, intentando desprenderse da dependencia con respecto á extracción de mineral de uranio, por aquela, única fonte de ingresos económicos de exportación. A estes efectos, Seibou constituíu o Movemento Nacional para o Desenvolvemento Social (MNSD), que se quedaría como o único partido político legal.

Mentres se estendía a pobreza entre amplas capas da sociedade e as secas ameazaban xerar fame negra, o MNSD comezou a solicitar préstamos ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial, que lle impuxeron cambios estruturais macroeconómicos, como a conxelación dos salarios dos empregados públicos durante dous anos, o que provocou maior pobreza.

Anos 1990

[editar | editar a fonte]

En 1990 a firmeza de Seibou foi superada pola presión popular, manifestacións estudantís e obreiras, que se viu obrigado a adoptar medidas amplamente aperturistas. Así, o goberno convocou unha Conferencia Nacional que preparara o camiño a unha saída democrática, encargando ao político Amadou Cheiffou a preparación dun goberno de transición.

En 1993 promulgouse a Constitución e celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) —unha coalición de seis partidos de oposición— que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de Mahamane Ousmane, candidato dun dos partidos integrantes da AFC.

Este novo goberno intentou mellorar a situación económica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos tuaregs, habitantes da zona norte do país. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nómade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamáballe ao goberno unha solución ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solución fácil as súas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou até ben entrado o ano seguinte.

Á súa vez, as manifestacións estudantís continuaban e o goberno seguía reprimíndoas, feitos que conduciron á ruptura da coalición nese mesmo ano de 1994 e á renuncia do Primeiro Ministro. En 1995 formouse unha nova coalición que alcanzou a maioría no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formación dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.

A nova situación pouco durou. En xaneiro de 1996 o coronel Ibrahim Baré Mainassara realizou un novo golpe de estado e suspendeu a vixencia da constitución. Mainassara prometeu devolver o goberno ao poder civil e cumpriu en 1999, cunhas eleccións municipais que lle deron o triunfo á oposición. Esa circunstancia provocou descontento en amplos sectores militares, cuxa reacción foi facer asasinar a Mainassara a mans da súa propia garda.

En decembro de 1999 dese mesmo ano o poder pasou novamente a mans de civís, posto como presidente a Mamadou Tandja e a Hama Amadou como primeiro Ministro —este último nomeado en xaneiro de 2000—.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Níxer.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

O Níxer está dividido en 7 rexións que teñen coma nome o da súa capital: Agadez, Difa, Doso, Maradi, Tahoua, Tillaberi, Zindar, ademais dunha oitava rexión, Niamay, que agrupa cinco concellos.

As rexións están divididas en 35 departamentos.

A capital, Niamey, é un concello urbano separado.

# Rexión Capital Superficie (km²) Poboación (2004) Mapa
1. Agadez Agadez 634.209 344.916 Rexións do Níxer
2. Diffa Diffa 140.216 362.216
3. Dosso Dosso 31.002 1.625.174
4. Maradi Maradi 38.581 2.419.513
5. Niamey* Niamey 670 741.610
6. Tahoua Tahoua 106.677 2.096.547
7. Tillabéri Tillabéri 89.623 2.041.876
8. Zinder Zinder 145.430 2.224.880

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Artigo detallado : Xeografia de Níxer

Níxer.
Imaxe satélite de Níxer.

O Níxer atópase no interior da África Occidental, localizada ao sur de Alxeria e Libia e ao norte de Nixeria. A súa área é de 1 267 000 quilómetros cadrados (algo máis do duplo ca a Península Ibérica), dos cales 1 266 700 km² son terra e 300 km² auga. Níxer é o 63° país máis poboado e o 22° máis grande do mundo.

O Níxer fai fronteira con sete países e ten un total de 5 697 km de fronteiras. A fronteira máis longa é co Chad, polo leste, con 1175 km. A esta séguelle a fronteira con Nixeria, polo sur (1497 km), con Alxeria, a norte-noroeste (956 km) e con Malí, con 821 km. Níxer tamén posúe fronteiras máis miúdas a suroeste (Burkina Faso con 628 km e Benín con 266 km) e a norte-nordeste (Libia con 354 km).

O país ten dous terzos do seu territorio no deserto do Sáhara, que son practicamente inhabitables e constitúen todo o norte do país. O resto esténdese polas marxes do río Níxer, con grandes sabanas onde é posible a cría de gado e practicar agricultura. É nesta zona onde se atopa a capital, como ademais os principais centros poboados, (Zinder, Maradi e Tillabéri).

A zona desértica alcanza o seu máximo rigor no Teneré. Alí áchanse macizos montañosos como o do Aïr, que acada o seu cumio máximo no monte Bagzane, de 2022 m. As cidades máis importantes desta zona son Tahoua e Agadez.

Sinalar que no extremo suroriental atópase unha parte do lago Chad, que Níxer comparte con Chad, con Nixeria e con Camerún, e onde habitan os beri beri. Este lago e o río Níxer subministran a maior parte de auga potable do país.

O punto máis baixo é o río Níxer, a unha altitude de 200 m. Os punto máis elevado son o dito monte Bagzane e monte Greboun, con 1 944 m.

O clima nixerino é moi caloroso, onde a temperatura media supera os 30 °C. Trátase dun clima subtropical, que é xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima tropical.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Níxer.

Níxer é membro da Unión económica e monetaria de África do oeste

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Níxer.
Artigo principal: Cultura de Níxer.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixerino.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.