Nervio radial
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Nervio radial | |
---|---|
Os nervios suprascapular axilar e radiais. | |
Latín | nervus radialis |
Gray: | subject #210 943 |
Innervación | Compartimento posterior do brazo Compartimento posterior do antebrazo |
Proveniente de: | Fascículo posterior |
Ramas | Nervio interóseo posterior |
MeSH | Radial+Nerve |
O nervio radial é un nervio do membro superior procedente do tronco secundario posterior. É un nervio mixto e é o único eixo extensor da porción apendicular do membro superior. O nervio radial atopámolo na axila e desde alí diríxese primeiro á parte interna do brazo e logo á posterior pasando pola canle radial do úmero. Despois vai á parte externa do epicóndilo e divídese en dúas ramas: anterior, que é sensitiva pura e unha posterior que é motora pura.
Relacións
[editar | editar a fonte]Na axila por fóra ten o nervio circunflexo e por diante ten as ramas anteriores do plexo braquial: nervio musculocutáneo, nervio mediano, nervio cubital, nervio braquiocutáneo interno e o nervio accesorio, e a articulación umeral.
Sae da axila e diríxese cara a parte interna do brazo. Chega á parte media do brazo, pasa pola canle de torsión do úmero xunto coa arteria umeral fonda e dúas veas umerais fondas, constituíndo o paquete vasculonervioso radial do brazo. Ao saír da canle, ao nivel do cóbado, o nervio radial aproxímadr á canle bicipital exerna relacionándose coa arteria umeral fonda. Neste punto divídese en dúas ramas terminais.
Ramas colaterais
[editar | editar a fonte]Ramas sensitivas
[editar | editar a fonte]- Rama cutánea interna: dá sensibilidade á pel da parte interna e posterior do brazo.
- Rama cutánea externa: dá sensibilidade á pel da parte posterior e externa do brazo.
- Rama para o cóbado.
Ramas motoras
[editar | editar a fonte]- Rama para a porción longa do bíceps.
- Rama para o vasto externo.
- Rama para o vasto interno.
- Rama para o músculo ancóneo.
Tamén innerva dous músculos do antebrazo: o músculo supinador longo e o músculo primeiro radial externo.
Ramas terminais
[editar | editar a fonte]Rama anterior
[editar | editar a fonte]É sensitiva. Sitúase entre o supinador longo e o palmar maior. Forma o paquete vasculonervioso radial do antebrazo xunto coa arteria radial e dúas veas satélite radiais. Esta rama pasa pola parte externa do carpo e faise posterior. Despois dá dúas colaterais dorsais para aos dedos. Tamén da innervación sensitiva á parte antero-externa do antebrazo e anastomósase co nervio cubital.
Rama posterior
[editar | editar a fonte]É motora. Atópase entre os fascículos do supinador longo. Desde alí, diríxese á parte posterior do antebrazo, a través da cal accede á man. Nela, innerva aos seguintes músculos:
- Segundo radial externo
- Supinador longo
- Extensor común dos dedos
- Extensor propio do V dedo
- Cubital posterior
- Excepcionalmente, ancóneo
- Abdutor longo do I dedo
- Extensor curto do I dedo
- Extensor longo do I dedo
- Extensor propio do II dedo
- Abdutor curto do I dedo