Saltar ao contido

Narrativa hipertextual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A narrativa hipertextual supón a aplicación do concepto de hipertexto ao campo literario.

Cuestións xerais

[editar | editar a fonte]

En sentido xeral o concepto de hipertextualidade fai referencia á relación que un texto B ten co seu predecesor A. Así, a Eneida de Virxilio e o Ulises de Joyce son hipertextos que remiten á Odisea de Homero. Porén, na actualidade a aparición da linguaxe HTML (HyperText Markup Language) volve este concepto moito máis amplo.

Deste xeito, as diferentes relacións vólvense múltiples, danse bifucacións ad infinitum. Isto é o que Gilles Deleuze e Félix Guattari denominaron rizoma, concepto que sería aplicado pola teoría do hipertexto para describir a estrutura de Internet, que funciona grazas a entradas enlazadas de xeito non xerárquico mediante as denominadas ligazóns, links, nodos, enlaces ou lexia. Este último termo, lexia (do fr. lexie) foi acuñado por Roland Barthes en relación cos fragmentos de texto, non con Internet. Sería Landow quen aplicaría este concepto a Internet.

Características da narrativa hipertextual

[editar | editar a fonte]
  • Inicio múltiple.
  • Traxectoria que varía en función do inicio e que se bifurca.
  • O final non é conclusivo nin fechado e depende da traxectoria que se seguise.
  • O autor pode ser individual ou múltiple.
  • O lector tamén é diferente porque é interactivo e, ao interactuar coa obra, vólvese en parte autor dela. É o que se denominou wreader (escrilector, lectoautor) ou prosumidor (produtor+consumidor).
  • Combínase o texto con outros elementos coma a imaxe ou o son, por iso dicimos que as obras son obras multimedia.
  • Facer crítica deste tipo de obras non é doado, pero debemos ter en conta tódolos elementos que contén, non só o texto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]