Saltar ao contido

Miomorfos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miomorfos
Rango fósil: eoceno inferior - actualidade

Rata común (Rattus norvegicus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia (= Eutheria)
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Brandt, 1855
Subfamilias e Familias
Véxase o texto

A dos miomorfos (Myomorpha) é unha suborde de mamíferos roedores que inclúe, entre outras especies, os hámsters, os lemmings, os xerbos, as cortas, así como os ratos e as ratas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A suborde foi creada en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt.[1]

Na actualidade comprende 1137 especies viventes incluídas en dúas superfamilias con sete familias:[1]

Suborde Myomorpha

  • Superfamilia Dipodoidea
    • Familia Dipodidae - xerbos (ratos saltadores) e sicistas
  • Superfamilia Muroidea
    • Familia Platacanthomyidae - leiróns espiñentos
    • Familia Spalacidae - ratas-toupa cegas, ratas do bambú e hámsteres-toupa
    • Familia Calomyscidae - calomiscos
    • Familia Nesomyidae - ratas e ratos de Madagascar, ratos gabeadores, ratos rupícolas pigmeos e a rata de cola branca
    • Familia Cricetidae - hámsteres, ratas de auga, lemmings e ratas e ratos do Novo Mundo.
    • Familia Muridae - ratos, ratas e especies afíns

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo Myomorpha está formado pola unión dos elementos do latín cietífico myo-, tirado do grego antigo μῧς, μυός mỹs, myós, "rato", e -morpha, forma plural derivada do elemento do grego antigo -μορφος -morphos, de μορρφή morphḗ, "forma". Literalmente: "os que teñen forma de rato".

  1. 1,0 1,1 Myomorpha Brandt, 1855 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carleton, M. D. e G. G. Musser (2005): "Order Rodentia", pp 745–752 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Clutton-Brock, Juliet (ed.) (2004): "Mouse-like Rodents", pp. 150–159 en David Burnley, ed. Animal. Londres: Dorling Kindersley.
  • Steppan, S., Adkins, R. e Anderson, J. (2004): "Phylogeny and Divergence-Date Estimates of Rapid Radiations in Muroid Rodents Based on Multiple Nuclear Genes" Systematic Biology 53 (4): 533-553.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]