Subfamilia
Aparencia
Ó igual que ocorre con outros niveis (categorías) na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias familias poden agruparse en superfamilias, e os individuos dunha familia poden organizarse en subfamilias (e estes á súa vez en infrafamilias).
A familia é a categoría taxonómica máis importante despois das de xénero e especie. Os detalles exactos da nomenclatura formal dependen dos "Código de Nomenclatura" (manuais que gobernan a nomenclatura biolóxica).
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |