Michael May
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1934 (90 anos) Stuttgart, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de carreiras, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Michael[1] May nado en Stuttgart, Alemaña o 18 de agosto en 1934[1] é un expiloto de competición suízo. Participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 14 de maio de 1961. Non anotou puntos de campionato.
Logo dun accidente durante a práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1961, May concentrouse na enxeñería, axudando a desenvolver un sistema de inxección de combustible para Porsche e Ferrari.
En xeral, atribúeselle a May a introdución da primeira á elevada manipulada nun automóbil de competición, o Porsche 550, para producir unha forza aerodinámica (ou un pulo cara a abaixo) para mellorar as velocidades nas freadas e nas curvas para reducir os tempos de volta.
Tamén traballou no deseño de motores de alta compresión, e na mellora na economía de combustible, entre outras cousas.[2] O exemplo máis notable foi a súa cabeza Fireball reelaborada para o motor de alta compresión e alta eficiencia Jaguar V-12 HE.[3][4]
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Colonia | Lotus 18 | Climax 1.5l 4 en liña | MON Ret |
NED | BEL | FRA 11 |
GBR | ALE NTS |
ITA NCG |
USA | NC | 0 |
Fóra de campionato
[editar | editar a fonte](Clave)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Scuderia Colonia | Lotus 18 | Climax 4 en liña |
LOM | GLV | PAU | BRX | VIE | AIN Ret |
SYR | NAP | LON | SIL Ret |
SOL Ret |
KAN | DAN | MOD | FLG | OUL NCG |
LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
1962 | Michael May | - | - | CAP | BRX | LOM | LAV | GLV | PAU NCG |
AIN | INT | NAP | MAL | CLP | RMS | SOL | KAN | MED | DAN | OUL | MEX | RAN | NAT |
Notas
[editar | editar a fonte]- ^ As fontes non se poñen de acordo en canto ao primeiro nome de May. Forix e The Guinness Complete Grand Prix Who's Who din "Michael", mentres www.grandprix.com di "Michel" e this 8W article enumera ambos. Pero, this source esta fonte ofrece probas de que é "Michael".
- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ David Scott (novembro 1976). Fireball engine boosts mpg and cuts emissions. Popular Science (Rolle, Switzerland). p. 136.
- ↑ Ludvigsen, Karl (2005). The V12 Engine. Sparkford, Yeovil: Haynes Publishing. pp. 318–319. ISBN 1-84425-004-0.
- ↑ Ray T. Bohacz (xaneiro 2009). "Fire in the Hole". High Performance Pontiac. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2017.
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |