Martin Amis
Aparencia
Martin Amis, nado en Swansea (Gales) o 25 de agosto de 1949 e finado en Lake Worth Beach (Florida) o 21 de maio de 2023,[1] foi un novelista británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do tamén escritor Kingsley Amis. O seu primeiro libro foi editado en 1973. Dende entón colaborou en revistas como Times Literary Supplement, New Statesman e The Observer. Amis foi un dos máis exitosos e recoñecidos escritores da súa xeración. Ata 2011 gozou dunha praza de profesor na Universidade de Manchester, impartindo clases sobre "escritura creativa".
Obras[2]
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- A casa dos encontros, tradución de Eva Almazán (Galaxia, 2006).
- A viúva preñada, tradución de Eva Almazán (Galaxia, 2010).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garner, Dwight (20 May 2023). "Martin Amis, Acclaimed Author of Bleakly Comic Novels, Dies at 73". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 20 de maio de 2023.
- ↑ Obras de Amis en LG3
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Martin Amis |