21 de maio
Aparencia
<< | Maio | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2024 Todos os días |
O 21 de maio é o 141º día do ano do calendario gregoriano e o 142º nos anos bisestos. Quedan (224) días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1674 - Jan III Sobieski é elixido pola nobreza como rei de Polonia.
- 1840 - William Hobson declara a soberanía británica sobre Nova Zelandia.
- 1863 - Guerra de secesión norteamericana: as forzas da Unión inician o asedio de Port Hudson (Luisiana), controlado polos Confederados.
- 1879 - Guerra do Pacífico: batalla naval de Iquique e Punta Gruesa. Os navíos chilenos Esmeralda e Covadonga, que bloqueaban o porto de Iquique combaten contra os baixeis peruanos Huáscar e Independencia. O Huáscar afundíu o Esmeralda e o Covadonga obriga o Independencia a embarrancar. Na batalla morreu o capitán chileno Arturo Prat.
- 1881 - Clara Barton funda a Cruz Vermella estadounidense.
- 1904: fúndase a FIFA (Fédération Internationale de Football Association), organismo mundial reitor do fútbol.
- 1927 - Charles Lindbergh completa o primeiro voo transatlántico sen escalas
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 822 - Al-Hakam I, emir Omeia de Córdoba.
- 1471 - Albrecht Dürer, pintor, gravador e matemático alemán (m. 1528).
- 1527 - Filipe II, rei de España.
- 1527 - Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, anatomista italiano.
- 1688 - Alexander Pope, poeta inglés (m. 1744).
- 1720 - Antonio Corbisiero, compositor italiano (m. 1798).
- 1775 - Luciano Bonaparte, político francés (m. 1840).
- 1792 - Gaspard Gustave de Coriolis, matemático e físico francés (m. 1843).
- 1799 - Mary Anning, paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa. (m.1847)
- 1824 - Benito Vicetto, escritor e historiador galego.
- 1843 - Louis Renault, xurista e educador francés, Premio Nobel da Paz.
- 1843 - Charles Albert Gobat, político suízo, Premio Nobel da Paz (m. 1914).
- 1844 - Henri Rousseau, pintor francés (m. 1910).
- 1847 - Antonio Favaro, matemático e historiador italiano (m. 1922).
- 1851 - Léon Bourgeois, político francés, Premio Nobel da Paz (m. 1925).
- 1856 - José Rodríguez Carracido, bioquímico galego (m. 1928).
- 1858 - Edouard Goursat, matemático francés (m. 1936).
- 1860 - Willem Einthoven, inventor neerlandés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1927).
- 1860 - Constantino Horta, escritor galeguista.
- 1862 - Severiano Martínez Anido, militar galego (m. 1938).
- 1864 - Stefania del Belgio, princesa belga (m. 1945).
- 1873 - Manuel Martínez Sueiro, avogado e escritor galego (m. 1920).
- 1894 - Angiolo Mazzoni, enxeñeiro e arquitecto italiano (m. 1979).
- 1900 - Francisco Iglesias Brage, piloto de aviación, enxeñeiro e explorador galego.
- 1902 - Marcel Breuer, arquitecto húngaro (m. 1981).
- 1917 - Raymond Burr, actor canadense (m. 1993).
- 1920 - John Chadwick, lingüista e filólogo británico (m. 1998).
- 1921 - Andrej Dmitrievič Sakharov, físico ruso, disidente político (m. 1989).
- 1936 - Günter Blobel, biólogo alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 1944 - Mary Robinson, presidenta da República da Irlanda.
- 1959 - Nick Cassavetes, actor, guionista e director de cine estadounidense.
- 2002 - Elena Huelva Palomo, activista española pola loita contra o cancro (m. 2023).
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1471 - Henrique VI, rei de Inglaterra.
- 1542 - Hernando de Soto, conquistador e explorador español.
- 1686 - Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro (n.1602).
- 1924 - Manuel Gómez González, crego católico galego.
- 1928 - Noguchi Hideyo, bacteriólogo xaponés.
- 1947 - Manuel Simón Campos, Xanote, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1914).
- 1964 - James Franck, físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925.
- 2004 - Jean-Pierre Blanc, director de cine francés.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento [1]
Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día Mundial de la Diversidad Cultural para el Diálogo y el Desarrollo. 21 de mayo" (en castelán). Consultado o 2022-11-23.