Lume de cobiza
Lume de cobiza | |
---|---|
Autor/a | Miguel Anxo Fernández Fernández |
Cuberta | J. L. Diz |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 296 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Galaxia |
Data de pub. | abril 2011 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 284 |
ISBN | ISBN 978-84-9865-367-0 |
Precedido por | Tres disparos e dous friames |
Seguido por | Bícame, Frank |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lume de cobiza é unha novela negra de Miguel Anxo Fernández Fernández, publicada en abril de 2011. É a cuarta entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.
Trama
[editar | editar a fonte]Frank Soutelo vén de vacacións en agosto de 2006 a Muros, a casa da súa tía e a súa curmá. Ten unha breve estancia en Madrid por cuestións administrativas, que aproveita para visitar cadros de Goya, Velázquez, Picasso e Vermeer.
Ao chegar a Galiza atópase coa vaga de incendios forestais, e na prensa e na sociedade hai un debate sobre os motivos desta vaga. Impútanse a intereses urbanísticos, ás persoas que traballan na extinción de incendios, e mesmo a motivos políticos.
A súa curmá pídelle que axude a unha amiga de Sanxenxo á que lle morreu o fillo. A autopsia di que morreu de sobredose de heroína, pero a nai e o pai non o cren así. Logo de entrevistar á moza, ao pai e á nai do rapaz, descobre que era un militante ecoloxista, que loitaba contra os intereses urbanísticos do construtor Marcial Dalama.
En Santiago de Compostela reencóntrase cun coñecido dos Ánxeles, o sepultureiro Sugar Jones, que di andar por Galiza como doutor participante nun congreso, pero do que sospeita que está involucrado no roubo dun libro no arquivo-biblioteca da catedral.
Ponse en contacto cunha detective local que a axude no caso, e tamén recibe apoio dun ex-garda civil que rexenta un bar en Muros. Finalmente, logran que un mercenario serbio confese que colaborou na morte do rapaz, provocada pola secretaria do empresario Marcial Dalama.
Narración
[editar | editar a fonte]Como nas anteriores entregas, o libro é narrado en primeira persoa. Ao estar fóra dos Estados Unidos, Frank Soutelo lamenta non poder facer efectiva a súa licenza de detective nin poder usar armas. Reitera o seu gusto polo sexo, a gastronomía galega e o cinema.
Aproveita para regresar aos sitios xa coñecidos (como a praza do Obradoiro), pero tamén para coñecer novos lugares, como O Carballiño ou Soutelo de Montes, de onde era seu pai. Alí colle tres landras para plantar carballos en California.
A súa relación con Pat Pérez, a súa secretaria, segue parada.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Está previsto que a novela sexa adaptada ao cinema, nun proxecto dirixido por Ángel de la Cruz[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ángel de la Cruz dirixirá a adaptación audiovisual das historias do detective Frank Soutelo", artigo en Cultura galega, 23 de xuño de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na páxina da editorial.