Lume-1
Lume-1 | |
---|---|
Tipo | 2U |
Organización | Alén Space |
Satélite de | Terra |
Data de inserción orbital | xoves 27 de decembro, 07.25.32 [1] |
Data de lanzamento | xoves 27 de decembro, 03.07.18 horas (AM) |
Foguete portador | Soiuz[2] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Vostochny |
Obxectivo da misión | Dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAV, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto.[3][3] |
NSSDC ID | 43908 |
COSPAR | 2018-111AJ |
Masa | 2,1 quilogramos |
Dimensións | 20 x 10 x 10 |
Datos orbitais | |
Altura orbital | 490 quilómetros |
O Lume-1 é un Cubesat do tipo 2U, deseñado por Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo, sendo o cuarto satélite no que traballou esta institución e integrado dentro do proxecto FIRE-RS coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique e da Universidade do Porto, co obxectivo da asistencia durante a extinción de incendios.
Equipamento
[editar | editar a fonte]O requisito do sistema FIRE-RS é o de prover ao satélite Lume-1 con alertas terrestres dos incendios detectadas por sensores locais. O satélite, posteriormente, retransmite esas alertas a estacións terrestres, encargadas de redirixir a posición do lume aos UAV. O UAV será desta maneira capaz de actualizar ao Lume-1 garantindo unha comunicación bidireccional coas estacións terrestres.
As especificacións do Lume-1 consisten nun software TOTEM Radio UHF M2M de carga útil e un transmisor en banda S, así coma un sistema HUMPL Humsat e un receptor UHF M2M.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Data de inserción en órbita"(en galego)
- ↑ "foguete portador, Soyuz"(en inglés)]
- ↑ 3,0 3,1 UVigo (ed.). "O satélite galego Lume-1, listo para saír cara ao espazo". Consultado o 27 de decembro de 2018.
- ↑ "Especificacións do Cubesat Lume-1" Arquivado 28 de decembro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)