Lois Carré Alvarellos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Galo Vicente Carré y Alvarellos 22 de xaneiro de 1898 A Coruña, España |
Morte | 26 de abril de 1965 (67 anos) A Coruña, España |
Residencia | Madrid |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafo, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Uxío Carré Aldao |
Irmáns | Gonzalo Carré Alvarellos Uxío Carré Alvarellos Leandro Carré Alvarellos |
Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na Sociedad General Gallega de Electricidad, que en 1943 pasou a formar parte de Fenosa.
Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
- Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
- Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
- Romanceiro popular galego de tradizon oral (1959; Porto: Junta de Província do Douro Litoral)
- Contos populares da Galiza (1968; Porto: Museu de Etnografia e História)
- Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953 (2023; Alvarellos Editora).[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Romanceiro popular galego de tradizon oral.
-
O consentimento.
-
Alevantamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros da Academia. Correspondentes
- ↑ Vilavedra 1995.
- ↑ Iglesias, Xabier (27/10/2012). "O consentimento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Iglesias, Xabier (28/4/2013). "Alevamento". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Carré Alvarellos, Luis (1953). Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
- ↑ Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953 na páxina web da editorial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois Carré Alvarellos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Carré Alvarellos, Lois Galo Vicente". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 192.
- "Carré Alvarellos, Lois Galo Vicente". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. p. 485. ISBN 84-7680-288-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 231.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 77. ISBN 84-7492-465-0.
- García de Lucas, Esther (2014): Aproximación teórico-crítica al mecanoscrito inédito de Lois Carré: O patriarca, estudio bio-biográfico do grande home. UDC.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 115. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos de Lois Carré Alvarellos Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine. no Boletín de la Real Academia Gallega.