Xabier Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (57/58 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Francisco Xabier Iglesias López, nado na Coruña en 1967, é un escritor, humorista gráfico e columnista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É traballador dunha empresa privada do eido da formación corporativa. Como humorista gráfico empezou colaborando na sección Humor Galego de La Voz de Galicia no 1991, baixo a dirección de Siro López.
Deuse a coñecer como novelista no 2003 coa obra O soño do falcón, ficción histórica sobre a figura de Pedro Madruga. No 2008 publicou a súa segunda novela, Daniel e a porta do ceo. Ambientada na Galiza do século XII, narra a pescuda dun frade bieito das súas orixes, para o cal conta coa axuda do mestre Mateu no ano que finaliza o Pórtico da Gloria.
Como columnista colabora con artigos de opinión en Xornal de Galicia e Vieiros.
Obras narrativas
[editar | editar a fonte]- O soño do falcón (2003), Ed. Toxosoutos.
- Daniel e a porta do ceo (2008), Colección Mandaio, Biblos Clube de Lectores.[1]
- O amante de Graza María (2016), Ed. Toxosoutos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Daniel e a porta do ceo na páxina web do Consello da Cultura Galega (consultado o 13 de febreiro de 2010).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biblos Clube de Lectores, Revista de Información Literaria, n.os 5 (2003) e 34 (2008).