Lingua shona
Shona chiShona | ||
---|---|---|
Falado en: | Cimbabue, Mozambique | |
Total de falantes: | 8,3 millóns (2007) | |
Posición: | 93 | |
Familia: | Atlántico-congolesa Benue–congolesa Bantoide meridional Bantú Shona (S.10) Shona | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Cimbabue | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sn
| |
ISO 639-2: | sna | |
ISO 639-3: | sna
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua shona ou chiShona é a máis falada das linguas bantú, falada polo pobo shona de Cimbabue. O termo tamén se pode empregar para identificar ós pobos que falan algunha das variedades do shona central: zezuru, karanga, manyika e korekore. Baseándose nun artigo de 1931 de Clement Doke, o shona estándar desenvolveuse a partir das diferentes variedades do shona central. Xa que a capital atópase na rexión Zezuru, esta variedade fíxose dominante na lingua estándar.
O shona é unha das linguas oficiais de Cimbabue. Outros países con falantes shona son Botswana, Mozambique e Zambia por mor da chegada de refuxiados provocados pola crise económica de Cimbabue.
Falantes
[editar | editar a fonte]O shona é a máis falada das linguas bantú segundo o número de falantes nativos. Segundo o Ethnologue,[2] o shona, abrangue os dialectos karanga, zezuru e korekore, uns 10,8 millóns de persoas. O manyika e o ndau[3][4][5] son clasificados como linguas diferentes por Ethnologue,[6] e son falados por 1 025 000[7] e 2 380 000[8] de persoas, respectivamente. O número total podería roldar os 14,2 millóns. O zulú é a segunda lingua bantú máis falada, con 10,3 millóns de falantes segundo Ethnologue.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Ethnologue's Shona entry
- ↑ Stabilization in the Manyika Dialect of the Shona Group, Hazel Carter, Africa: Journal of the International African Institute, Vol. 26, No. 4, Oct., 1956, pp. 398-405
- ↑ Report on the Unification of the Shona Dialects. By Clement M. Doke. 1931
- ↑ "University of Pennsylvania Language Center". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 18 de abril de 2017.
- ↑ Ethnologue's list of Shona (S.10) languages
- ↑ Ethnologue's Manyika entry
- ↑ Ethnologue's Ndau entry
- ↑ Ethnologue's list of languages by size
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua shona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biehler, E. (1950) A Shona dictionary with an outline Shona grammar (revised edition). The Jesuit Fathers.
- Brauner, Sigmund (1995) A grammatical sketch of Shona : including historical notes. Köln: Rüdiger Koppe.
- Carter, Hazel (1986) Kuverenga Chishóna: an introductory Shona reader with grammatical sketch (2nd edition). Londres: SOAS.
- Doke, Clement M. (1931) Report on the unification of the Shona dialects. Stephen Austin Sons.
- Mutasa, David (1996) The problems of standardizing spoken dialects: the Shona experience, Language Matters, 27, 79
- Lafon, Michel (1995), Le shona et les shonas du Zimbabwe, Harmattan éd., París (en francés)