Kigva
Kigva (ou Cigva), na mitoloxía celta galesa, é a muller de Pryderi, o príncipe de Dyved; é filla de Gwyn Gloyw. Aparece principalmente na segunda e terceira rama do Mabinogi: O Mabinogi de Branwen e Manawydan Mac Llyr.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]No final do conto Pwyll, príncipe de Dyved (primeira rama do Mabinogi), só aparece citada en tanto que se converteu en esposa de Pryderi.
Tras a morte de Pwyll príncipe de Dyved, o seu fillo Pryderi suxire a Manawyddan Fab Llyr que case coa súa nai Rhiannon, cousa que acepta. Durante un paseo, abátese unha brétema máxica sobre a rexión e devástaa. Dos habitantes só restan os catro membros da familia do príncipe. Tras teren consumido os víveres, vense obrigados a partir cara a Inglaterra, onde han exercer distintos oficios para sobreviviren.
Manawydan e Kigva capturan un rato que viña sendo a esposa de Llwyd ap Cil, un meigo inimigo xurado de Rhiannon. Obrigan ao mago a eliminar as maldicións que botan a perder o seu territorio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Les Quatre Branches du Mabinogi, traduit du moyen gallois, présenté et annoté par Pierre-Yves Lambert, Gallimard, coll. « L'aube des peuples », París, 1993, ISBN 2-07-073201-0.