Geraint fillo de Erbin
Geraint fillo de Erbin é un poema medieval galés que honra ao heroe Geraint e as súas fazañas na Batalla de Llongborth. O poema consiste en estanzas tipo englyn de tres versos cada unha e persiste en varias versións, todas en galés medio. A versión máis vella das que temos está no Libro Negro de Carmarthen, completado sobre 1250, malia o poema poder ter sido composto no século X ou no XI.[1] o poema é importante pola súa antiga mención do nome do rei Artur.
Poema e contexto
[editar | editar a fonte]O protagonista do poema, Geraint mab Erbin, foi unha figura popular na tradición galesa e é coñecida a través dunha series de fontes subsecuentes. Xenealoxías posteriores asóciano co suroeste da Gran Bretaña e o sur de Gales a finais do século VI.[2] O antigo poema Y Gododdin menciona un "Geraint desde o sur"[3], probabelmente unha referencia a Geraint mab Erbin.[4] con todo, Geraint acadou a súa meirande fama como o heroe da novela en prosa Geraint ac Enid, un conto que segue a narrativa da obra francesa Érec et Énide de Chrétien de Troyes'.[2][5]
Geraint fillo de Erbin fai un grande uso da repetición ao celebrar as fazañas de Geraint en Llongborth, que podería identificarse con Langport, Somerset, aínda que llongborth pode referirse a un "porto de barcos", semellante ao longphort viquingo en Irlanda.[6][7] Cada englyn repite a forma dos outros con maior ou menor variación.[6] Unha estanza contén unha mención do rei Artur e refírese a el como amerauder, ou emperador.[7] Esta é a primeira referencia coñecida a Artur como emperador, un título usado frecuentemente en obras tardías pero case ausente en material antigo.[6] A asociación con Artur tamén amosa que desde unha tan antiga época Geraint estaba sendo levado á órbita de Artur, un proceso que se repite noutros heroes da tradición galesa.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bollard, John K.: Arthur in the Early Welsh Tradition The Romance of Arthur: An Anthology of Medieval Texts in Translation. 1994. pp. 11–23.
- Bryce, Derek (ed.): Arthur and the Britons in Wales and Scotland by W. F. Skene. Llanerch Enterprises. 1988.
- Koch, John T: Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. CLIO. 2006.