Khárkiv
Харків (uk) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Ucraína | ||||
Óblasts | Óblast de Khárkiv | ||||
Raião da Ucrânia (pt) | Kharkiv Raion (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Industrialnyi District (en) Kholodnohirskyi District (en) Kyiv District (en) Nemyshlyanskyi District (en) Novobavarskyi District (en) Osnovianskyi District (en) Saltivskyi District (en) Shevchenkivskyi District (en) Slobids'kyi District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.421.125 (2022) (4.060,36 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua ucraína | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 350 km² | ||||
Bañado por | Kharkiv River (en) | ||||
Altitude | 152 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Alexis I de Rusia | ||||
Creación | 1654 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ihor Terekhov (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Kharkiv City council (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 61000–61499 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 572 | ||||
Identificador KOATUU | 6310100000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cincinnati (1989–) Poznan (1998–) Núremberg (1999–) Kaunas (2001–) Brno (2005–) Kutaisi (2005–) Rishon LeZion (2007–) Daugavpils (2008–) Tbilisi (2012–) Lublin (2022–) | ||||
Sitio web | city.kharkiv.ua | ||||
Khárkiv[1] (en ucraíno: Харків, en ruso: Харьков, Kharkov) é a segunda cidade máis grande de Ucraína. É o centro administrativo do óblast de Khárkiv, así como o centro administrativo dos arredores do raion de Kharkivsky dentro do óblast. A cidade está localizada ao nordés do país. No ano 2010, a súa poboación era de 1 449 000 habitantes.
Existe un metro (tren metropolitano soterrado ou suburbano), con 35 km de lonxitude e 28 estaciones. Un lugar coñecido de Khárkiv é a Praza da Liberdade (Plóshchad Svobody), actualmente a terceira en tamaño de Europa e a sétima do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Evidencias arqueolóxicas descubertas na área da actual Khárkiv indican a existencia de poboación no lugar desde 2.000 a. C. Os restos culturais atopados datan da Idade de Bronce, así como tamén aqueles dos últimos poboadores escitas e sármatas. Tamén existe evidencia de que a cultura Chernyakhov prosperou na zona desde o século II até o século VI.
Fundada a mediados do século XVII (1654), a cidade ten universidade desde 1805. Durante os primeiros anos da Unión Soviética, Khárkiv foi a capital da República Socialista Soviética de Ucraína (entre 1917 e 1934). A comezos dos anos 1930, a grande fame de Ucraína (Holodomor) levou a moita xente do campo ás cidades, en particular cara a Khárkiv, na procura de alimentos. Durante a segunda guerra mundial, Khárkiv foi escenario de varios enfrontamentos, e tiveron lugar catro batallas polo control da cidade. A sucesión de acontecementos, en orde cronolóxica, sería:
- A cidade é tomada por tropas da Alemaña Nazi en outubro de 1941 (primeira batalla de Khárkiv) e os seus aliados militares. A batalla durou catro días. O Exército Vermello resistiu mentres se desmantelaba a maquinaria das industrias de armamento (carros de combate principalmente), para ser evacuada cara ao leste en territorio soviético, onde continuou a produción durante toda a guerra. Este tipo de industria volvería instalarse na cidade acabada a guerra, chegando até os nosos días.
- Máis tarde é recuperada polo Exército Vermello en maio de 1942, na denominada segunda batalla de Khárkiv.
- A cidade é tomada por segunda vez polos nazis nunha ofensiva que durou varias semanas entre os meses de febreiro e marzo de 1943.
- Finalmente foi liberada polo Exército Vermello o 23 de agosto de 1943, tras unha ofensiva coñecida como Operación Polkovódets Rumiántsev.
Como balance final da guerra, o 70% da cidade foi destruída e decenas de miles de habitantes morreron. Nos meses de abril e maio de 1940, antes da invasión alemá de 1941, uns 3.800 prisioneiros polacos do campo de concentración de Starobilsk foron asasinados por orde de Stalin no edificio NKVD de Khárkiv e máis tarde enterrados no bosque de Pyatikhatky. Entre decembro de 1941 e xaneiro de 1942, unhas 30.000 persoas (a maioría delas xudías) foron asasinadas os nazis. Foron enterradas nunha das maiores fosas comúns das que hai rexistro, coñecida como Drobitsky Yar.
Economía
[editar | editar a fonte]Khárkiv é un dos principais centros industriais, culturais e educacionales de Ucraína. A súa industria especialízase principalmente na produción de armas e maquinaria. Hai centos de compañías industriais na cidade. Entre elas están xigantes mundiais como o Bureau de Deseño Morozov e a Fábrica de Tanques Malyshev (líderes na produción de tanques desde a década dos anos 1930), Hartron (industria aeroespacial e electrónica nuclear) e Turboátom (produtor de turbinas para plantas eléctricas nucleares).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 14 de abril de 2022 en Wayback Machine.