Julia Gutiérrez Caba
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1928 (96 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1951 - |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Collado Álvarez (1964–2009) |
Pais | Emilio Gutiérrez Esteban e Irene Caba Alba |
Irmáns | Emilio Gutiérrez Caba Irene Gutiérrez Caba |
Parentes | Julia Caba Alba, sobriña |
Premios | |
| |
Julia Gutiérrez Caba, nada en Madrid o 20 de outubro de 1932, é unha actriz española.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nacida nunha familia con gran tradición artística, é filla dos actores Emilio Gutiérrez Esteban e Irene Caba Alba, neta de Irene Alba, sobriña de Julia Caba Alba e irmá de Irene e Emilio Gutiérrez Caba; é, ademais, tía do produtor José Luis Escolar e tía-avoa da actriz Irene Escolar. En maio de 1964 casa co director teatral Manuel Collado Álvarez (falecido en 2009).
Debutou no teatro en 1951 en Mariquilla Terremoto, coa Compañía de Catalina Bárcena, de onde pasou á de Isabel Garcés.
En anos sucesivos convértese nunha reputada actriz teatral, con obras como Las entretenidas, Petra Regalada, de Gala ou El jardín de los cerezos, de Chejov. En 1970 crea a súa propia compañía xunto ao seu esposo.
O seu debut cinematográfico prodúcese en 1960, nada menos que da man de Juan Antonio Bardem na película A las cinco de la tarde. O seu paso polo cine estivo case sempre marcado pola interpretación de personaxes de grave ton dramático. En 1977 apártase do cine e non volvería ata 20 anos despois con La herida luminosa, de José Luis Garci. A súa seguinte película conxunta, You're the One (una historia de entonces), repórtalle un Premio Goya como mellor actriz secundaria.
En televisión debuta ás ordes de Jaime de Armiñán e desenvolveu unha sólida carreira case sempre en TVE, aínda que non tan avultada en títulos como a da súa irmá Irene. En 1972 protagonizou a serie Buenas noches, señores, na que interpretaba un papel distinto en cada episodio. Ao igual que sucedeu co cine, tamén tivo un período de máis de 20 anos en que non pisou un estudio de televisión para centrarse na súa carreira teatral. O seu regreso produciuse coas series Los Serrano (2003-2008) e Águila Roja (2011-2012).
Filmografía parcial
[editar | editar a fonte]- A las cinco de la tarde (1960)
- Usted puede ser el asesino (1961)
- Accidente 703 (1962)
- La gran familia (1963)
- Nunca pasa nada (1964)
- La familia y uno más (1965)
- Un millón en la basura (1967)
- Fortunata y Jacinta (1970)
- Doña Perfecta (1977)
- La herida luminosa (1997)
- El color de las nubes (1997)
- You're the One (una historia de entonces) (2000)
- Los ojos de Julia (2010)
Televisión
[editar | editar a fonte]- Día a día (1963)
- Rosi y los demás (1963)
- Novela (1963-1965)
- Primera fila (1963-1965)
- Confidencias (1963-1965)
- La pequeña comedia (1966)
- Tiempo y hora (1965-1967)
- Las doce caras de Juan (1967)
- Buenas noches, señores (1972)
- Mujeres insólitas (1977)
- El señor Villanueva y su gente (1979)
- Estudio 1 (1966-1980)
- Los Serrano (2003-2008)
- Águila roja (2011-2013)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julia Gutiérrez Caba |