Juan Antonio Bardem
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Antonio Bardem Muñoz 2 de xuño de 1922 Madrid, España |
Morte | 30 de outubro de 2002 (80 anos) Madrid, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Educación | Colegio Nuestra Señora del Pilar (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1951 - |
Familia | |
Fillos | Miguel Bardem |
Pais | Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro |
Irmáns | Pilar Bardem |
Parentes | Javier Bardem, sobriño |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Juan Antonio Bardem Muñoz, nado en Madrid o 2 de xuño de 1922 e finado na mesma cidade o 30 de outubro de 2002 foi un director de cinema e guionista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo dos actores Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro e irmán de Pilar Bardem. Foi o pai do director Miguel Bardem e o músico Juan Bardem e tío dos actores Javier e Carlos Bardem.
Aínda que era fillo de actores non se relacionou con ese mundo desde un principiou, senón que se graduou como enxeñeiro agrónomo. Foi posteriormente, cando estudou cinema no Instituto Investigaciones y Experiencias Cinematográficas, cando decidiu dedicarse ao mundo do celuloide. Nesa época naceu a súa amizade e colaboración con Luis García Berlanga. Esa relación frutificou no filme Esa pareja feliz, que ambos codirixiron e continuou en Bienvenido, Mister Marshall, de 1953, na que foron coguionistas e contaron coa contribución adicional de Miguel Mihura nos diálogos.
En 1953 comezou a dirixir os seus propios filmes, dos que destacan Muerte de un ciclista (1955, Premio da Crítica internacional no Festival de Cannes) e Calle Mayor (1956, Premio da Crítica no Festival de Venecia).
A pesar destes éxitos internacionais, Bardem tivo problemas en España coa censura, debido á súa militancia no Partido Comunista de España e nas décadas de 1960 e 1970 apenas pode desenvolver o seu traballo cinematográfico no seu país. É o máis politizado dos Tres Bes do cinema español (Bardem, Berlanga e Buñuel).[1]
Os seus filmes posteriores non recibiron o apoio da crítica, con excepción de El puente (1977), no que intentaba desfacer o discurso cinematográfico do landismo.
Morreu en Madrid o 30 de outubro de 2002 aos 80 anos debido a unha enfermidade hepática. Pouco antes escribiu un libro de memorias titulado Y todavía sigue.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Paseo por una guerra antigua (curtametraxe dirixida xunto con Luis García Berlanga, 1948)
- Esa pareja feliz (1951)
- Cómicos (1954)
- Felices pascuas (1954)
- Muerte de un ciclista (1955)
- Calle Mayor (1956)
- La venganza (1958)
- Sonatas (1959)
- Los inocentes (1962)
- Nunca pasa nada (1963)
- Los pianos mecánicos (1965)
- El último día de la guerra (1968)
- Varietés (1971)
- La corrupción de Chris Miller (1973)
- La isla misteriosa (1973)
- El puente (1977)
- Siete días de enero (1979)
- Die Mahnung (1982)
- Jarabo (1985), capítulo da serie La huella del crimen
- Lorca, muerte de un poeta (1987)
- El joven Picasso (1993)
- Resultado final (1997)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diario La Verdad.es, reportaxe con entrevista.". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 01 de maio de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Juan Antonio Bardem na IMDb (en inglés).