Saltar ao contido

Interleucina 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interleucina 2
Identificadores
Símbolo IL2
Símbolos alt. IL-2; TCGF
Entrez 3558
HUGO 6001
OMIM

147680

PDB 1irl,
Outros datos
Locus Cr. 4 q26-27

A interleucina 2 (IL-2 ou IL2) é unha proteína interleucina integrante das citocinas do sistema inmune, composta por 133 aminoácidos e de masa 15,4 kDa. Actúa coma factor de crecemento dos linfocitos T, induce todos os tipos de subpoboacións de linfocitos e activa a proliferación de linfocitos B. O seu xene localízase no cromosoma 4 (4q26-28).

Funcións

[editar | editar a fonte]

A IL-2 tamén regula a resposta inmunitaria, intervén na reacción inflamatoria estimulando a síntese de interferón, induce á liberación de IL-1, TNF-alfa e TNF-beta. IL-2 é preciso para o establecemento da memoria inmunitaria celular, ademais de para o recoñecemento de autoantíxenos e antíxenos foráneos.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]