Inon Zur
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1965 (59 anos) Israel |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles |
Actividade | |
Ocupación | compositor, compositor de bandas sonoras |
Período de actividade | 1994 - |
Xénero artístico | Orquestra |
Influencias | |
Instrumento | Trompa e piano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | inonzur.com |
Inon Zur (en hebreo: ינון צור), nado o 4 de xullo de 1965, é un compositor israelí-estadounidense. Orixinalmente compoñía para filmes e producións de televisión, e máis tarde comezou a compoñer para videoxogos. Foi descrito por ser "internacionalmente recoñecido como un dos compositores orquestrais A-list da industria dos videoxogos". Zur compuxo a música de máis de 50 videoxogos, 15 producións de televisión e 10 filmes, así como tráileres de filmes. Foi nomeado a numerosos premios, gañando tres galardóns, un premio Telly en 1997 á mellor banda sonora en Power Rangers: Turbo, un premio Game Audio Network Guild en 2004 á mellor composición instrumental orixinal por Men of Valor, e un premio Hollywood Music in Media en 2009 á mellor canción orixinal nun videoxogo por Dragon Age: Origins.
É coñecido por ser o autor de temas musicais para as sagas de videoxogos Prince of Persia, Dragon Age: Origins ou Fallout,[1] ademais de ser autor da música do videoxogo de rol galego The Waylanders.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About". Inon Zur. Consultado o 16 de novembro de 2019.
- ↑ "The Waylanders Main Theme by Inon Zur". Youtube. Consultado o 16 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inon Zur |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)