Saltar ao contido

Illas Kerguelen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Kerguelen
Imaxe

EpónimoYves Joseph de Kerguelen de Trémarec (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°15′S 69°10′L / -49.25, 69.17
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas Francesas Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7.215 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude409 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ross (pt) Traducir (1.850 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2019 (43ª Sesión)
Data de remate2019
Identificador1603-002

As Illas Kerguelen (antes denominadas como Illas da Desolación) constitúen un arquipélago situado no Océano Índico meridional, a uns 5000 km ao sur-sueste de Cidade do Cabo, e a uns 2000 km ao norte das costas da Antártida. Son posesión de Francia, e como tal están incluídas nos Territorios Austrais Franceses (Terres Austrais et Antarctiques Françaises, TAAF). As súas coordenadas están comprendidas entre os 48º35' e 49º54' S / 68º43' e 70º35 E de Greenwich.

O arquipélago está constituído por unha illa principal chamada Grande Terre de 6675 km², e máis de 300 pequenas illas, illotes e arrecifes que se dispón ao redor de Grande Terre, o cal outorga ao arquipélago unha superficie total de 7215 km².

A illa principal é radial, con costas moi accidentadas e escarpadas onde abundan os fiordes e as penínsulas que tales accidentes producen. As dimensións da illa son de 150 km lineais de Oeste a Este, e 120 km lineais de Sur a Norte. A altura máxima da illa, e polo tanto de todo o arquipélago, é o pico chamado Mont Ross (1850 m), do cal descenden ventisqueiros que, na parte occidental, constitúen un extenso glaciar.

O clima é perhúmedo subantártico, con máis de 1000 mm de precipitacións ao ano, é dicir, chove ou neva (segundo sexa verán ou inverno) durante máis de 300 días ao ano. A alta humidade ambiental provoca a aparición de frecuentes borraxeiras. As temperaturas máis elevadas danse entre xaneiro e marzo, e superan moi raramente os 10 °C; as máis baixas danse en xullo, cando se chega aos 20 °C baixo cero. Dada a alta humidade e a persistente presenza de ventos, a sensación térmica é case sempre bastante máis baixa que a temperatura medida termometricamente.

Como se sinalou, ademais de nubrado e pluvioso o clima das Kerguelen é moi ventoso, xa que se atopan na banda eólica dos cincuenta brumadores que sopran case continuamente desde o cuadrante Oeste. Os refachos de vento alcanzan frecuentemente os 150 km/h, e ata os 200 km/h, aínda que estas cifras varían, como as de temperatura e humidade, segundo as fachadas e altitudes do arquipélago.

Existe vexetación na illa, aínda que polas condicións de humidade e de temperatura, é case sempre achaparrada e pigmea: herbáceas, brións, queiroas, líquens, manchas de tusacs e fungos. Non hai arbores nin arbustos, atópanse troncos fosilizados de arbores pertencentes á familia das araucarias, proba de que as illas tiveron un clima máis cálido. Nas augas abundan os bosques de algas xigantes (Macrocystis e Durvillaea), que poden alcanzar os 25 m de lonxitude.

Unha herbácea fanerógama típica das Kerguelen é a denominada repolo de Kerguelen (Pringlea antiescorbútica), moi rica en vitamina C.

col de Kerguelen

O arquipélago sitúase na zona de converxencia antártica, onde as augas frías procedentes da Antártida mestúranse coas augas cálidas derivadas das correntes setentrionais. Por este motivo abundan tanto a fauna mariña como a fauna inmediatamente asociada a ela por razóns ecolóxicas: focas, lobo mariño, leóns mariños, elefantes mariños, xunto con pingüíns (papúas, reais, de penacho, adelia) albatros, corvos mariños, pardelas, pombas antárticas, gaivotas, Daption capense e palleiras grandes.

A fauna alóctona aclimatada é bastante variada: ovellas, renos, muflons, coellos (introducidos desde Suráfrica en 1874), gatos, ratas e ata porcos europeos asilvestrados (aínda que estes foron extinguidos pola caza).

O arquipélago foi descuberto por unha expedición ao mando de Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec en 1772. Durante a segunda metade do século XIX creouse unha efémera república de baleeiros. En 1893 o estado francés tomou oficialmente posesión das Kerguelen. En 1924 as illas Kerguelen, xunto ás illas Crozet, Saint-Paul, e Amsterdam, foron anexadas ao Goberno Xeral de Madagascar (entón dependencia francesa). Tras 1955 e en vistas da inevitable independencia de Madagascar, o estado francés incluíu aos arquipélagos apuntados nas Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF).

Na actualidade a poboación está composta por un centenar de científicos e as súas familias, cuxa presenza é de carácter temporal, durante o verán austral, instalados na base chamada Port-aux-Français, ao Leste da illa principal.

Mapa das Illas Kerguelen


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]