Ignacio Chao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1968 (55/56 anos) Pontedeume, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
José Ignacio Chao Castro, nado en Pontedeume en novembro de 1968, é un tradutor, poeta, xornalista e editor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Xornalismo[1] en Salamanca e Madrid, tendo colaborado en Radio Intercontinental nesta última cidade e nas páxinas culturais de El Mundo de Galicia. Foi un dos primeiros en facer xornalismo exclusivamente para Internet, a finais dos anos noventa, para o Rías Baixas Magazine.
Desa época é tamén a súa obra poética Corazón de segundas partes (Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998) co que conseguiu o XVII Premio Esquío de poesía. A esta obra seguiulle un silencio poético roto con Taciturno peregrino (Fotoxoguete, 2007), un fotopoemario sobre o Camiño de Santiago feito en colaboración cos fotógrafos Carlos Puga e Nacho Gómez.
Actualmente traballa como coordinador literario no departamento de literatura do grupo Edelvives. Encárgase así mesmo das coleccións Ala Delta e Catavento da Editorial Tambre, oficio que compaxina coa tradución, principalmente da literatura infantil e xuvenil e de maneira puntual da destinada ao público adulto.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Corazón de segundas partes, Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998, XVII Premio Esquío de poesía
- Taciturno peregrino, Fotoxoguete, 2007.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Ninguén coma min (autobiografía dun tirano), Kalandraka, 2020, Selección White Raven 2021.
Tradución
[editar | editar a fonte]- A Ra, Enric Lluch (ilustr. Gerard Miquel Roselló). Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- A bu defanda verde, de Víctor Nado Sanjuán (ilustr. Margarita Menéndez). Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- A bruxa tola, de Josep Gregori Sanjuan (ilustr. Pilar Jiménez Avilés. Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- A cabeza máxica, de Josep Antoni Fluixà (ilustr. Francesc Santana). Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- A miña bicicleta testalana, de Mariasun Landa (ilustr. Asunción Balzola Elorza). Editorial Tambre, 2004.
- Amor de mar, de Miguel Desclot (ilustr. Federico Delicado. Edicións Xerais de Galicia, 2004
- Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake, de Gonzalo Moure. Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- O cazador de estrelas, de Ricardo Gómez Gil. Editorial Tambre, 2004.
- A praia das tartarugas, de Michel Girin. Editorial Tambre, 2004.
- O inferno de Marta, de Pasqual Alapont. Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- A avoa de Rosa, de Enric Lluch (ilustr. Cristina Durán). Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- O carpín suicida, de Mariasun Landa (ilustr. Federico Delicado). Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- Sagarmatha, de Josep-Francesc Delgado. Edicións Xerais de Galicia, 2005
- As minas do rei Chang Py Nong, de Miquel Desclot (ilustr. Marie Nigot). Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Bruxa desdentada,de Joles Senell (ilustr. Jokin Mitxelena). Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Eu son eu, de Fina Casalderrey (ilustr. Josep Vico). Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Lina non quería ser Nena, de Seve Calleja (ilustr. Fernando Llorente). Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Narradora do deserto, de Josep Antoni Fluixa (ilustr. Anna Clariana). Edicións Xerais de Galicia, 2005.
- Nun porto de mar,de Gabriel Janer Manila (ilustr. Eider Eibar). Edicións Xerais de Galicia , 2005.
- Un loto na neve, de Gonzalo Moure. Editorial Tambre, 2006.
- A marabillosa ponte do meu irmán, de Ana María Machado (ilustr. Emilio Urberuaga). Editorial Tambre, 2007.
- Uxía no inverno, de Liesbet Slegers. Editorial Tambre, 2007.
- Uxía axuda á súa nai, de Liesbet Slegers. Editorial Tambre, 2007.
- A noite d'O Risón, de Gonzalo Moure (ilustr. Pere Ginard Cursach). Edicións Xerais de Galicia, 2007.[2]
- Palabras de caramelo, de Gonzalo Moure (ilustr. Fernando Martín Godoy). Edicións Xerais de Galicia.
- Que ica!, de Juan Kruz Igerabide (ilustr. Pep Brocal e Marc Brocal). Edicións Xerais de Galicia.
- Sara fai preguntas, de Pasqual Alapont (ilustr. Valentí Gubianas). Edicións Xerais de Galicia.
- Sombra de Laura, de Vicente Muñoz Puelles (ilustr. Alberto Pieruz). Edicións Xerais de Galicia.
- Un fantasma en apuros, de Laura Gallego (ilustr. Santy Gutiérrez). Edicións Xerais de Galicia.
- Un frasco de caramelos, de Enric Lluch (ilustr. Patricia Castelao). Edicións Xerais de Galicia.
- Unha estatua e dous artistas de Patxi Zubizarreta. Edición Xerais de Galicia.
- Xente da miña aldea, de Bernardo Atxaga (ilustr. Mikel Valverde). Edicións Xerais de Galicia.
- Tito fai de mago, de Guido van Genechten, Tambre, 2020[3].
- O neno perdido, de Thomas Wolfe, Editorial Hugin e Munin, 2022.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un editor debe ser, ante todo, bo lector, La Voz de Galicia o 4 de decembro de 2011.
- ↑ Distinguida coa inclusión na listaxe de Honra do IBBY en 2010 (modalidade de Tradución). (en inglés)
- ↑ Ficha Arquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine., Edelvives.com (en castelán).