Ifor ap Glyn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1961 (63 anos) Londres, Reino Unido |
National Poet of Wales (en) | |
1 de marzo de 2016 – 6 de xullo de 2022 ← Gillian Clarke – Hanan Issa (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Dinbych Caernarfon |
Educación | Universidade de Cardiff |
Actividade | |
Ocupación | poeta , produtor de televisión , guionista |
Ifor ap Glyn, nado en Londres en 1961, é un presentador de televisión e poeta en lingua galesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de fala galesa. Graduouse na Universidade de Cardiff, e despois viviu en Denbighshire e Caernarfon. Presentou os programas Ar Lafar (2011)[1], The Toilet: An Unspoken History (2012) e Pagans and Pilgrims: Britain's Holiest Places (2013)[2] Traballou como produtor e guionista de televisión antes de converterse en poeta e autor teatral[3], e traballou coa compañía teatral Cwmni Dda.[4] Actuou no concerto inaugural da Asemblea Nacional de Gales en 1999, e representou o seu país dúas veces no Smithsonian Folklife Festival nos Estados Unidos de América.[5]
Foi o produtor executivo do documental Cysgod Rhyfel ("A sombra da guerra").[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi laureado como o Poeta Infantil de Gales (Bardd Plant Cymru) en 2008-2009 e gañou a Coroa do Bardo no Eisteddfod Nacional de Gales en 1999 e 2013.[7]
O 1 de marzo de 2016 Ifor ap Glyn foi nomeado Poeta Nacional de Gales.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Holl Garthion Pen Cymro Ynghyd. Y Lolfa, 1991
- Golchi Llestri Mewn Bar Mitzvah. (with Dewi Glyn Jones), 1998
- Cerddi Map yr Underground. Gwasg Carreg Gwalch, 2001
- Lleisiau'r Rhyfel Mawr. 2008
- Waliau'n Canu. Gwasg Carreg Gwalch, 2011
- Terfysg. Traducido ao galego por David Miranda-Barreiro e Phil Davies, Dorna: expresión poética galega, 37 (2014).
Teatro
[editar | editar a fonte]- Branwen
- Frongoch
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Interview: Poet and presenter Ifor ap Glyn on his new TV series", Wales Online, 4 de xuño de 2011 (acceso o 25 de agosto de 2013).
- ↑ The Telegraph: Review by Ben Lawrence, 11 de abril de 2013.
- ↑ Literature Wales: Writers of Wales - Ifor ap Glyn Arquivado 09 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ "Poet Laureate", Northwales.co.uk (en inglés).
- ↑ "Smithsonian Folklife Festival 2013". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 05 de xullo de 2018.
- ↑ "Ifor ap Glyn". IMDb
- ↑ Wales Online, "Poet Ifor ap Glyn awarded crown at National Eisteddfod", 5 August 2013. Accessed 25 August 2013
- ↑ "Ifor ap Glyn is appointed new national poet of Wales". BBC News (en inglés). 1 de marzo de 2016. Consultado o 2 de marzo de 2016.