Helena de Constantinopla
Nome orixinal | (el) Φλαβία Ιουλία Ελένη |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 250 Helenópolis, Turquía (pt) |
Morte | 18 de agosto de 330 (79/80 anos) Constantinopla, Turquía |
Lugar de sepultura | Catedral de Tréveris (pt) (valor descoñecido–) Museos Vaticanos (valor descoñecido–) Mausoléu de Helena (pt) (–década de 1100) Latrão (pt) (década de 1100–valor descoñecido) |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de agosto (Igrexa católica) 21 de maio (Igrexa ortodoxa) 19 de marzo 3 de xuño |
Patrón de | Arqueólogo, Conversión e Santa Helena |
Outro | |
Título | Augusta (en) |
Familia | Dinastia constantiniana (pt) |
Cónxuxe | Constancio I Cloro |
Fillos | Constantino I o Grande |
Cronoloxía | |
Finding of the True Cross (en) | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Helena de Constantinopla (ca. 250- ca. 330), canonizada pola Igrexa católica como Santa Helena, foi a nai do emperador Constantino I. A tradición atribúelle a conversión do seu fillo ao cristianismo, así como o achado das reliquias da Santa Cruz.
Vida
[editar | editar a fonte]Non se coñece con seguridade a data e lugar exactos do seu nacemento. Con todo, é moi posible que nacese en Drepanon, na provincia de Bitinia, en Asia Menor, posto que á súa morte a cidade foi renomeada como Helenópole polo seu fillo.[1] En canto á data, Eusebio de Cesárea indica que andaba polos oitenta anos cando regresou da súa viaxe a Terra Santa,[2] o que situaría o seu nacemento algo antes do 250.[3][4]
As súas orixes familiares son escuras. Segundo a tradición iniciada por Santo Ambrosio, era filla de pousadeiros.[5] Con todo, dado que era habitual recalcar a orixe humilde das principais figuras do cristianismo, é posible que se trate dunha invención sen demasiado fundamento.
Tampouco se sabe con seguridade se estaba casada co pai de Constantino, Constancio, nin a a data de nacemento do neno, aínda que a maior parte da historiografía sinala o 272 como a data máis probable.[6]
En calquera caso, Helena foi repudiada por Constancio cando este casou coa filla do emperador Maximiano, Teodora.[7] O matrimonio teríase celebrado nunha data descoñecida, que oscila entre os anos 289 e 293.[8] O matrimonio supuxo a confirmación da carreira de Constancio, que acabaría por recibir o nomeamento de César, como membro da Tetrarquía, no ano 293.
Helena gañou gran relevancia pública trala crise da familia de Constantino no 326. Nese ano, Constantino, que era xa o único emperador, mandou asasinar o seu fillo primoxénito, Crispo, e á súa muller, Fausta. Pouco despois, Helena iniciou unha viaxe por Terra Santa.[9] A historiografía considerou tradicionalmente que esta viaxe obedecía a un desexo de expiar as culpas —tanto as de Helena como as de Constantino— tralos asasinatos.
Porén, a viaxe debeu de ter un claro carácter político. Constantino derrotara o seu colega Licinio, que gobernaba a parte oriental do imperio, no 324. Ademais de reforzar a autoridade do seu fillo sobre esta parte do imperio, a viaxe aseguraba a alianza entre Constantino e a Igrexa. Segundo Eusebio de Cesárea, Helena mandou edificar a igrexa da Natividade en Belén e o santuario do Monte das Oliveiras, que serían dotados con abundantes riquezas.
Após a viaxe, Helena regresou a Roma, onde morreu arredor do ano 329. Foi soterrada no que estaba destinado a ser o mausoleo da familia, situado a carón da Via Labicana. Os restos do edificios son aínda visibles na área de Torpignattara (Roma). Así mesmo, pódese contemplar nos Museos Vaticanos o sarcófago de pórfiro[10] que, segundo o consenso dos especialistas, serviu para sepultar os seus restos.
Achado das reliquias da Santa Cruz
[editar | editar a fonte]Segundo unha tradición moi popular, Helena atopou os restos da Cruz da Paixón de Xesucristo durante a súa viaxe a Terra Santa. De feito, Santa Helena aparece en numerosas obras de arte portando a Cruz.
Emporiso a historiografía dubida de que este relato sexa verídico. A primeira fonte conservada a informar do achado é do ano 351, uns vinte e cinco anos despois da viaxe de Helena. Trátase dunha carta do bispo de Xerusalén, Cirilo, a Constancio II, que rememora o achado en tempos de Constantino, pai de Constancio. Nesa carta non se relaciona a Santa Helena co achado da Cruz, unha historia que non se comezará popularizar até finais do século IV.
Por tanto, a maior parte dos estudosos pensan que o relato está relacionado coa propaganda cristiá, interesada en suliñar a estreita relación entre os emperadores –Constantino en particular– e a Igrexa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Drijvers 1992, p. 12
- ↑ Eusebius, Vita Constantini 3.46.
- ↑ Harbus, 13.
- ↑ Drijvers 1992, p. 15.
- ↑ Ambrose, De obitu Theodosii 42; Harbus, 13.
- ↑ Barnes, CE, 3, 39–42; Elliott, Christianity of Constantine, 17; Odahl, 15; Pohlsander, "Constantine I"; Southern, 169, 341.
- ↑ Barnes, CE, 8–9.
- ↑ Origo 1; Victor, Caes. 39.24f; Eutropius, Brev. 9.22.1; Epitome 39.2; Pan. Lat. 10(2).11.4, citado en Barnes, CE, 288 n.55.
- ↑ Norwich, John Julius (1996). Byzantium (First American ed.). Nova York. pp. 68–69. ISBN 0394537785. OCLC 18164817.
- ↑ "Sarcofago di S. Elena". Museos Vaticanos (en italiano). Consultado o 23/01/2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Helena de Constantinopla |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barnes, Timothy D. Constantine and Eusebius (CE in citations). Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 1981. ISBN 978-0-674-16531-1
- Drijvers, Jan Willem. "Evelyn Waugh, Helena and the True Cross Arquivado 23 de marzo de 2019 en Wayback Machine.." Classics Ireland 7 (2000)
- Elliott, T. G. The Christianity of Constantine the Great . Scranton, PA: University of Scranton Press, 1996. ISBN 0-940866-59-5
- Harbus, Antonia. Helena of Britain in Medieval Legend. Rochester, NY: D.S. Brewer, 2002
- Odahl, Charles Matson. Constantine and the Christian Empire. New York: Routledge, 2004
- Pohlsander, Hans. The Emperor Constantine. Londres e Nova York: Routledge, 2004. Hardcover ISBN 0-415-31937-4 Paperback ISBN 0-415-31938-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Santa Helena en Catholic Online