Saltar ao contido

Harry Potter and the Goblet of Fire (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Harry Potter and the Goblet of Fire
Desenvolvedor(es)
  • EA UK
  • Magic Pockets (GBA & NDS)
Distribuidora(s)Electronic Arts
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorRenderWare
LanzamentoGBA, GC, PC, DS, PS2, Xbox
América do Norte: 8 de novembro de 2005
Unión Europea 11 de novembro de 2005
PSP
América do Norte: 15 de novembro de 2005
Unión Europea 18 de novembro de 2005
XéneroAcción
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)
SerieHarry Potter
Na rede
IMDB: tt0764644 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harry Potter and the Goblet of Fire é un videoxogo producido por Electronic Arts que foi oficialmente lanzado á venda o 11 de novembro do 2005, exactamente unha semana antes de que se estrease o cuarto filme. O xogo, como tamén o filme, están baseados en Harry Potter e o Cáliz de fogo, novela de J. K. Rowling e os seus máis importantes lanzamentos son para a PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC e PlayStation Portable.

Modo de xogo

[editar | editar a fonte]

O xogo permite xogar con calquera dos tres personaxes protagonistas da historia (Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley).

A diferenza doutras versións, neste videoxogo non se poderá ir con total liberdade polo castelo de Hogwarts, senón que o xogador se verá limitado a diversos lugares que terá que seleccionar nun menú á parte, e en cada un se terán que pasar certos obstáculos e retos.[1]

Ten unha xogabilidade tanto en modo multixogador como para xogar a un xogador. En caso de estar en modo singleplayer (un só xogador), os dous outros personaxes serán controlados por unha potente intelixencia artificial.[1]

Tamén ten un novo sistema para encantamentos e feitizos, permitíndolle ao xogador facer feitizos en conxunto ata cos tres personaxes ditos. A posibilidade de facer feitizos ou encantamentos de tal forma ten un fin de facelos máis poderosos. Así se poderán, por exemplo, erguer rochas de considerable tamaño.

Ademais conta coas xa famosas pílulas "Bertie Bott de tódolos sabores", que cumpren diversas funcións. A principal é a de facer ás veces de moeda. Tendo varias, poderanse mercar cromos, e así mellorar diversas características de Harry, Ron ou Hermione, tales coma ter máis resistencia e máis potencia en feitizos, entre outras cousas.

Argumento

[editar | editar a fonte]
Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e o Cáliz de fogo.

Harry Potter é elixido inexplicablemente como o cuartoparticipante para o Torneo dos Tres Magos no seu cuarto ano en Hogwarts. Durante o transcurso do ano no colexio debe aprender os feitizos e trucos necesarios para ser capaz de superar con éxito tres difíciles probas e, ao final do xogo, escapar da garras do infame e malvado mago Lord Voldemort.

Personaxes cos que se pode xogar

[editar | editar a fonte]
  • Harry Potter é un mago de catorce anos. Harry é elixido inexplicablemente seleccionado como o cuarto campión para o "Torneo dos Tres Magos" e debe afrontar tres difíciles probas do Torneo. El é unha combinación das debilidades e fortalezas de Ron e Hermione, pero necesita frecuentemente a axuda dos seus amigos cando o perigo está preto.
  • Ron Weasley é o mellor amigo de Harry, e que ten unha obsesión coas pílulas Bertie Bott de tódolos sabores, e frecuentemente alerta cando as pílulas aparecen na pantalla de xogo, ademais, é moi bo correndo.
  • Hermione Granger é a mellor amiga de Harry e Ron e é coñecida pola súa lóxica e excelente elección nos feitizos. Ela vólvese bastante frustrada durante o xogo polas continuas exclamacións de Ron sobre atopar pílulas Bertie Bott de tódolos sabores. Ademais é unha moi boa meiga.
  1. 1,0 1,1 Casamassina, Matt (11 de novembro de 2005). "Harry Potter and the Goblet of Fire". IGN. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]