Saltar ao contido

Habib Baxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHabib Baxa
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1931 Editar o valor en Wikidata
Tiro, Líbano Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
14 de setembro de 1975 –
← Grégoire Haddad (en) TraducirJoseph Kallas (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1956–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaSociedade dos Misioneiros de San Paulo Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMáximo V Hakim Editar o valor en Wikidata

Habib Baxa[1] (en árabe: حبيب باشا), nado o 24 de xuño de 1931 en Tiro (gobernación do Líbano Meridional) e finado o 23 de novembro de 1999, foi un relixioso paulista libanés, arcebispo melquita de Beirut e Xibail dende 1975 até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 29 de xuño de 1956 foi ordenado sacerdote da Sociedade dos Misioneiros de San Paulo. O 23 de agosto de 1975 foi nomeado arcebispo de Beirut e Xibail logo da renuncia de Riruar Hadad. Recibiu a consagración episcopal o 14 de setembro de mans do patriarca Máximo V Hakim. Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 23 de novembro de 1999.

  1. Tamén romanizado como Bacha.