Máximo V Hakim
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1908 Tanta, Exipto (pt) |
Morte | 19 de xuño de 2001 (93 anos) Beirut, Líbano |
Bispo diocesano | |
22 de novembro de 1967 – 22 de novembro de 2000 ← Máximos IV Sayegh (pt) – Gregorio III Laham → Diocese: Melkite Catholic Archeparchy of Damascus (en) | |
Arcebispo católico | |
18 de novembro de 1964 – ← Grégoire Haggiar (en) – Joseph Raya (en) → Diocese: Melkite Greek Catholic Archeparchy of Akka (en) | |
Bispo diocesano | |
13 de marzo de 1943 – ← Grégoire Haggiar (en) Diocese: Melkite Greek Catholic Archeparchy of Akka (en) | |
Patriarca católico grego melquita | |
Datos persoais | |
Residencia | Siria |
País de nacionalidade | Exipto |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | College of the Holy Family (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1943–), sacerdote católico (1930–) |
Lingua | Lingua árabe e Árabe exipcio |
Consagración | Cyril IX Moghabghab (en) |
Premios | |
Máximo V Hakim (en árabe: مكسيموس الخامس حكيم), nado en Tanta (Exipto) o 18 de maio de 1908 e finado o 29 de xuño de 2001, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita e bispo da Damasco dende o 22 de novembro de 1967 até o seu retiro o 22 de novembro de 2000.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e sacerdocio
[editar | editar a fonte]Hakim naceu en Tanta, unha cidade do Khedivato de Exipto, o 18 de maio de 1908,[1] de pais orixinarios da cidade siria de Alepo.
O 20 de xullo de 1930 foi ordenado sacerdote por Amin Risqallah Sair, arcebispo de Tiro. Entre 1932 e 1943 foi director do colexio patriarcal no Cairo.[1]
Bispo de Acre
[editar | editar a fonte]O 13 de marzo de 1943 foi nomeado bispo de Acre,[1] e recibiu a consagración episcopal o 13 de xuño de mans do patriarca Cirilo IX Murabrab.
Patriarcado
[editar | editar a fonte]O 22 de novembro de 1967 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco polo Sínodo da Igrexa católica greco-melquita. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[2]
Como patriarca, foi un dos principais conselleiros do papa Xoán Paulo II nos asuntos referidos ao Medio Oriente.[3]
Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de novembro de 2000, con 92 anos. Finou ao ano seguinte, o 29 de xuño de 2001.
Obra
[editar | editar a fonte]- Pages d'Évangile lues en Galilée. Vercruysse-Vanhove. 1956.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Foi Comandante da Lexión de Honor.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Who's who in the State of Israel. 1958. p. 307.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479.
- ↑ Riccardi, Andrea. Juan Pablo II. La biografía. Editorial San Pablo. p. 328. ISBN 9789587156577.