Gran Premio de Detroit
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1976 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
O Gran Premio de Detroit foi unha carreira de Fórmula Un disputada no Circuíto urbano de Detroit en Detroit (Míchigan, Estados Unidos de América) desde 1982 ata 1988.
En 1982, os EUA converteuse no primeiro país que acolleu tres Grandes Premios do Campionato do Mundo nunha tempada. Ademais das carreiras de Long Beach e Las Vegas, a nova carreira levouse a cabo en Detroit noutro circuíto urbano que abarcaba o Renaissance Center. O circuíto orixinal tiña dezasete curvas en 4.023 km, incluíndo dúas pinzas moi difíciles e un túnel á beira do río, e resultou ser aínda máis lento que Mónaco. O trazado era duro, esixente e ata incluía un paso a nivel de ferrocarril. En 1986, Ayrton Senna sobrepúxose a unha picada para gañar a súa primeira de cinco carreiras nos Estados Unidos en seis anos.
Para 1989, previuse inicialmente mover o Gran Premio de F1 a un novo circuíto en Belle Isle. O plan non se puido levar a cabo, e o Gran Premio trasladouse a Phoenix para 1989-1991. Tras a marcha da F1, a carreira de Detroit foi substituído por unha carreira da CART.
Gañadores
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Construtor | Circuíto | Resultados |
---|---|---|---|---|
1988 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | Detroit | Resultados |
1987 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | Detroit | Resultados |
1986 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | Detroit | Resultados |
1985 | Keke Rosberg | Williams-Honda | Detroit | Resultados |
1984 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | Detroit | Resultados |
1983 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | Detroit | Resultados |
1982 | John Watson | McLaren-Ford | Detroit | Resultados |