Saltar ao contido

Federación Internacional do Automóbil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Internacional do Automóbil
Logo
AcrónimoFIA e AIACR
Tipofederación deportiva internacional
Deporteautomobilismo
Área de operaciónmundial
Data de fundación20 de xuño de 1904
Presidente/aMohammed bin Sulayem (pt) Traducir (2021-) Editar o valor en Wikidata
SedeParís
PaísFrancia
Na rede
https://www.fia.com
Facebook: fia Twitter: fia Instagram: fia.official Youtube: UCFSkxZVj6ki9RrWC8ZcCPrQ Flickr: fia-official Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Federación Internacional do Automóbil (en francés: Fédération Internationale de l'Automobile), usualmente referida como a FIA, é unha asociación sen fins de lucro establecida como a Asociación Internacional de Clubs de Automóbiles Reconnus (AIACR) o 20 de xuño de 1904 para representar os intereses das organizacións de tráfico e os usuarios de automóbiles. Para o público en xeral, a FIA é o ente que regula as principais competencias en materia de automobilismo.

Ten a súa sede principal no nº 8 da Place de la Concorde, París, Francia, componse de 244 organizacións nacionais afiliadas en 146 países en todo o mundo.[1] O seu actual presidente é Mohamed Ben Sulayem.[2]

En 1950, organizaron o primeiro campionato mundial automobilístico, actualmente coñecido como a Fórmula 1.

En 1973, a FIA estendeu o seu alcance para incluír carreiras de rally, e o Rally de Monte Carlo foi o primeiro evento dese tipo organizado pola FIA.

O seu papel máis destacado é o otorgamiento de licenzas e arbitraxe das carreiras de Fórmula Un.

A Association Internationale des Automobile Clubs Reconnus (AIACR) foi fundada en París o 20 de xuño de 1904.

En 1922, a FIA delegou a organización das carreiras de automóbiles á Comisión Deportiva Internacional (CSI), un comité autónomo que máis tarde converteuse na Federación Internacional do Deporte do Automóbil (FISA). A reestruturación da FIA en 1993 levou á desaparición da FISA, pondo o automobilismo baixo a xestión directa da FIA.

A FIA actualmente regula entre outros os seguintes eventos:

  • Campionato mundial de Fórmula 1 da FIA
  • Campionato mundial de Rallye da FIA
  • Campionato mundial de GP2 da FIA
  • Campionato GT da FIA
  • Campionato mundial de Karting CIK-FIA
  • Campionato europeo de Touring Car da FIA
  • Copa europea de camións da FIA
  • Copa mundial de Rally Cross-Country da FIA
  • Campionato de carreiras Drag da FIA
  • Campionato europeo de Autocross da FIA
  • Campionato europeo de Rallycross da FIA
  • Copa de enerxías alternas da FIA
  1. "Members". Federation Internationale de l'Automobile (en inglés). Consultado o 2022-04-10. 
  2. "Mohammed Ben Sulayem". Federation Internationale de l'Automobile (en inglés). 2021-12-17. Consultado o 2022-04-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]