Saltar ao contido

Game of Thrones (tempada 5)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quinta tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal12 de abril de 2015- 14 de xuño de 2015
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 4) Quinta tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 6)

A quinta tempada da serie de televisión Game of Thrones estreouse o 12 de abril de 2015 na canle HBO.[1][2] Baséase principalmente en A Feast for Crows e A Dance with Dragons, as novelas cuarta e quinta da saga de George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, malia que tamén emprega elementos da terceira novela, A Storm of Swords, e da sexta The Winds of Winter.[3][4][5] Ademais, tamén contén contido orixinal que non se atopa nas novelas de Martin.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Peter Dinklage (Tyrion Lannister).
Emilia Clarke (Daenerys Targaryen).
Nikolaj Coster-Waldau (Jaime Lannister).
Maisie Williams (Arya Stark).
Jonathan Pryce (Pardal Supremo).
Alexander Siddig (Doran Martell).

Elenco principal

[editar | editar a fonte]

Elenco convidado

[editar | editar a fonte]

Episodios

[editar | editar a fonte]
N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título[6] Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
411 "The Wars to Come"
«As guerrras por chegar»
Michael SlovisDavid Benioff & D. B. Weiss12 de abril de 20158,00[7]

Nun flashback amósase a Cersei de nena preguntándolle a unha adiviña polo seu futuro. En Desembarco do Rei Cersei critica a Jaime por ceibar a Tyrion e provocar indirectamente a morte do seu pai. Namentres, en Pentos, Varys leva a salvo a Tyrion e revélalle o seu traballo secreto xunto con Illyrio Mopatis para levar a Daenerys ó Trono de Ferro. Varys convida a Tyrion a unirse á súa loita e el acepta. En Meereen, os Fillos da Harpía, un grupo de resistencia, asasina a un dos Inmaculados. Danaerys é informada que a misión en Yunkai foi exitosa, os amos entregaron o control a un consello conformado por escravos, pero en troques piden a reapertura das arenas de combate. Máis tarde, visita ós seus dragóns Viserion e Rhaegal pero eles parecen descoñecela e intentan atacala. No Val, Brienne infórmalle a Podrick que no o require máis, xa que a súa misión de buscar ás irmás Stark fracasou, por outra banda, Sansa e Baelish ven como adestra Robyn Arryn antes de marchar a un lugar no que Baelish asegura os Lannister no os atoparán. Stannis pídelle a Jon que convenza a Mance Rayder de axeonllarse ante o rei e entregar o seu exército de salvaxes para atacar Invernalia que está ocupada por Roose Bolton e á súa vez daríalles cidadanía e tierras para vivir. Porén, Mance rexeita a oferta e queimado vivo nunha fogueira. Jon, incapaz de ver como Rayder sofre coas lapas decide darlle unha morte rápida cravándolle unha frecha no peito. 

422 "The House of Black and White"
«A casa de negro e branco»
Michael SlovisDavid Benioff & D. B. Weiss19 de abril de 20156,81[8]

En Desembarco do Rei, Cersei recibe unha estatua co colar da súa filla Myrcella e Jaime disponse a ir por ela a Dorne, pedindo a axuda de Bronn. No muro, Stannis pídelle a Jon que se axeonlle perante el e lle xure lealdade; en troques será recoñecido como Jon Stark e outorgaráselle Invernalia. Porén, el rexeita a oferta, mentres tanto os irmáns da Garda da Noite elixen o vindeiro Lord Comandante. No Val, Brienne e Podrick atopan a Sansa con Petyr; trala negativa de Sansa de obter protección de Brienne, ela disponse a seguir a súa caravana. En Braavos, Arya chega á Casa de Negro e Branco, pero négaselle a entrada e máis tarde atopa a Jaqen H'ghar. En Dorne, Ellaria pídelle a Doran vingarse da morte do seu irmán Oberyn torturando a Myrcella, pero el termina negándose. Tyrion e Varys comezan a súa viaxe a Volantis. En Meereen, Daario e os Inmaculados atopan un membro dos Fillos da Harpía, pero Mossador asasínao antes de recibir o seu xuízo, polo que Daenerys ordena a súa execución pública. Isto xera un motín entre os amos e os escravos liberados. Pola noite, Daenerys descobre que Drogon regresou a Meereen pero marcha antes de que ela poida tocalo. 

433 "High Sparrow"
«Pardal supremo»
Mark MylodDavid Benioff e D. B. Weiss26 de abril de 20156,71[9]

En Desembarco do Rei, Tommen e Margaery casan. Lancel ataca o Septón Supremo, e este en represión pide executar ó líder dos Pardais, o Pardal Supremo, pero tras unha curta reunión persoal, Cersei decide non facelo. Máis tarde, Cersei pide a Qyburn que lle mande unha carta a Petyr. No norte, Roose coméntalle a Ramsay a necesidade de fortalecer o seu exército e pídelle que case. Petyr coméntalle a Sansa que conseguiu unha voda con Ramsay, pero trala súa negación por tratarse da familia que traicionou ós Stark logra convencela asegurándolle que é a oportunidade de vingarse deles. Petyr reitera a súa alianza con Roose, quen ten dúbidas ó saber que lle chega unha carta de Cersei. En Braavos, Arya deixa atrás tódalas súas pertenenzas para converterse en ninguén. En Volantis, Jorah secuestra a Tyrion afirmando que o levará canda a raíña. 

444 "Sons of the Harpy"
«Fillos da Harpía»
Mark MylodDave Hill3 de maio de 20156,82[10]

En Desembarco do Rei, Cersei ofrécelle ó Pardal Supremo unha milicia ó servizo dos deuses. Por mor disto, Loras Tyrell é feito preso, acción que fai anoxar a Margaery, quen lle pide desesperadamente axuda ó seu marido, Tommen Baratheon. Pero Tommen non pode logralo sen recorrer á violencia entre a Garda Real e a Milicia da Fe. No Muro, Jon manda varias cartas a Lores do norte para solicitar homes e subministracións para o Muro, incluído Roose Bolton. Melisandre trata de seducir a Jon para convencelo de unirse a Stannis na súa batalla para recuperar Invernalia dos Bolton. En Invernalia, Petyr cóntalle a Sansa sobre a súa tía, Lyanna, e logo infórmalle que marchará a Desembarco do Rei por orde de Cersei. En Dorne, Jaime e Bronn conseguen chegar até a costa; mentres Ellaria forma unha alanza coas Cobras de Area (conformada por tres fillas bastardas de Oberyn) para entrar en guerra cos Lannister, tendo como obxectivo Myrcella. Alén do Mar Angosto, Jorah infórmalle a Tyrion que será levado perante a raíña Daenerys e non diante da súa irmá Cersei. Varios membros dos Fillos da Harpía atacan a civís en Meereen, tras unha batalla, Verme Gris é levemente ferido, mentres que Ser Barristan recibe mortais puñaladas. 

455 "Kill the Boy"
«Mata o rapaz»
Jeremy PodeswaBryan Cogman10 de maio de 20156,56[11]

No norte, Brienne manda unha mensaxe infiltrada a Sansa. Sansa descobre a presenza de Theon en Invernalia, Roose anuncia o embarazo da súa esposa, Walda. Logo disto, Ramsay séntese ameazado, pero é tranquilizado polo seu pai quen lle pide axuda para a súa próxima batalla con Stannis. No Muro, Jon decide crear unha alianza entre a Garda da Noite e os salvaxes, e malia a negativa dos seus irmáns, Jon decide continuar. Tormund pídelle a Jon que o acompañe a Casa Austera, lugar onde están os salvaxes para que sexa el mesmo quen lles fale da alianza. Á outra beira do Mar Angosto, tralo velorio de Ser Barristan, Daenerys ordena a detención de tódolos líderes das grandes familias. Porén despois das palabras de Missandei, Daenerys decide reabrir as areas de combates e asemade, para manter a paz en Meereen, casar con Hizdahr Zo Loraq. No mar, ó atravesar as ruínas de Valyria, Tyrion ve por vez primeira a Drogon, e despois diso, son atacados por homes de pedra. Jorah descobre despois que foi infectado por estes de psoriagrís. 

466 "Unbowed, Unbent, Unbroken"
«Nunca dobregado, nunca roto»
Jeremy PodeswaBryan Cogman17 de maio de 20156,24[12]

En Desembarco do Rei, Petyr ofrécese para estar ó mando do exército para arrebatarlle Invernalia a Stannis e ós Bolton. Loras e Margaery son detidos polos pardais por mentir baixo xuramento sobre as relacións homosexuais de Loras. En Invernalia, Sansa acepta casar con Ramsay, e durante a consumación do matrimonio, Ramsay obriga a Theon a ver como viola a Sansa. Ó outro lado do Mar Angosto, Jorah e Tyrion son capturados por escravistas. En Dorne, Jaime e Bronn infíltranse nos Xardíns da Auga, pero antes de poder marchar son emboscados polas Cobras de Area e logo dunha breve liorta son detidos polos gardiáns de Dorne. En Bravos, Jaqen amósalle unha habitación chea de facianas a Arya, onde lle deixa en claro que ela non está lista para converterse en ningúen, pero se noutra persoa. 

477 "The Gift"
«O agasallo»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss24 de maio de 20145,40[13]

En Desembarco do Rei, Lady Olenna trata de convencer ó Pardal Supremo de que ceibe ós seus netos, pero non o consegue. Máis tarde, o Pardal Supremo ordena a detención de Cersei tralas confesións de Lancel sobre as súas relacións incestuosas. No Muro, Jon parte a Casa Austera, mentres Sam e Gilly acompañan ó Maester Aemon até a hora da súa morte. Preto do lugar, Davos suxírelle a Stannis regresar ó Castelo Negro, pero Stannis continúa cos seus plans de invadir Invernalia. En Invernalia, Sansa pide a axuda de Theon para poñer unha candea na torre máis alta, pero este cóntalle os plans de Sansa a Ramsay, quen manda desfolar á anciá que lle prometeu axuda. Alén do Mar Angosto, Malko vende a Jorah e a Tyrion a un amo, quen os leva a pelexar ás areas de combates. Alí atópanse con Daenerys Targaryen. En Dorne, Jaime suxírelle a Myrcella regresar, pero ela négase por mor do futuro matrimonio con Trystan. 

488 "Hardhome"
«Casa Austera»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss31 de maio de 20157,01[14]

En Desembarco do Rei pídeselle a Cersei que confese os seus crimes, pero ela négase, e Qyburn revélalle os trocos que se están facendo na realeza tralo seu encarceramento. En Invernalia, Theon confésalle a Sansa que os seus irmáns non foron asasinados por el. Namentres, Lord Bolton prepárase para a batalla ante Stannis. No Muro, Sam revélalle a Olly que Jon traerá os salvaxes para loitar xuntos contra os camiñantes brancos. Ó outro lado do Mar Angosto, Daenerys desierra a Jorah de Meereen e coloca a Tyrion como o seu conselleiro. En Braavos, Arya adopta unha nova identidade e Jaqen pídelle que aprenda todo o que poida da súa primeira vítima antes de envelenala. En Casa Austera, Jon logra convencer a gran parte dos salvaxes para unirse á Garda da Noite en troques de terras, pero durante o traslado son atacados por un grupo de camiñantes brancos. Trala batalla, as persoas que lograron escapar ollan como as persoas mortas se converten en camiñantes brancos. 

499 "The Dance of Dragons"
«Danza de dragóns»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss7 de xuño de 20157,14[15]

No Muro, a entrada dos salvaxes é permitida no Castelo Negro. No norte, logo dunha emboscada que debilita o seu campamento, Stannis decide facer un doloroso sacrificio para ter a axuda do Deus Vermello. En Braavos, Arya atópase cunha persoa do seu pasado, polo que se desvía da súa misión orixinal. En Meereen, un gran número de Fillos da Harpía ataca ó pobo de Meereen durante a reapertura das areas de combate. En Dorne, Jaime negocia tratos con Doran para poder levar a Myrcella de volta a Desembarco do Rei. 

5010 "Mother's Mercy"
«Misericordia»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss14 de xuño de 20148,11[16]

Cersei confesa os seus pecados e é liberada logo de facer unha penitencia. No Norte, preto de Invernalia, Ramsey Bolton e o seu exército masacran o exército de Stannis. Namentres, Theon trata de escapar xunto con Sansa. No Muro, a Garda da Noite asasina a Jon Nieve por creelo un traidor. En Meereen, Jorah e Daario emprenden unha busca para localizar a Daenerys, quen se atopa nun val e é rodeada por un grupo de Dothraki. En Dorne, Ellaria Area envelena a Myrcella antes de partir con Jaime de Dorne. En Braavos, Arya leva a cabo o xogo das caras para unha misión persoal. 

  1. Goldman, Eric (8 de abril de 2014). IGN, ed. "Game of Thrones Renewed for Season 5 and Season 6". Consultado o 8 de abril de 2014. 
  2. Hibberd, James (8 de xaneiro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "'Game of Thrones' season 5 premiere date revealed". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  3. Kain, Erik (12 de abril de 2015). Forbes, ed. "Why Season 5 Of 'Game Of Thrones' Is The Most Important Yet For HBO". Consultado o 13 de abril de 2015. 
  4. Hibberd, James (18 de xuño de 2014). Entertainment Weekly, ed. "'Game of Thrones' showrunners talk season 5: 'There will be Dorne'". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de xuño 2014. 
  5. Westeros.org (ed.). "Game of Thrones Episodes: EP510: Mother’s Mercy". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  6. "Schedule results for Game of thrones" (en inglés). HBO. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  7. Bibel, Sara (14 de abril de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'Silicon Valley', 'MTV Movie Awards', 'Mad Men', 'Veep', 'The Royals' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  8. Kondolojy, Amanda (21 de abril de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Tops Night + NBA Playoffs, 'Real Housewives of Atlanta,' 'Naked and Afraid' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 21 de abril de 2015. 
  9. Bibel, Sara (28 de abril de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, NBA Playoffs, 'Real Housewives of Atlanta', 'Silicon Valley', 'Mad Men' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 28 de abril de 2015. 
  10. Kondolojy, Amanda (5 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Tops Night + 'Real Housewives of Atlanta', 'Silicon Valley' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2015. 
  11. Bibel, Sara (12 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, NBA Playoffs, 'Silicon Valley', 'Mad Men', 'The Royals', 'Veep' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  12. Kondolojy, Amanda (19 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Tops Night + 'Keeping Up With the Kardashians', 'Mad Men' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 19 de maio de 2015. 
  13. Bibel, Sara (27 de maio de 2015). "Sunday Cable Ratings: NBA Conference Finals Win Night, 'Game of Thrones', 'Silicon Valley', 'Keeping Up With the Kardashians', 'Veep' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 27 de maio de 2015. 
  14. Kondolojy, Amanda (2 de xuño de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Tops Night + 'Keeping Up With the Kardashians', 'Silicon Valley', 'Naked and Afraid' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2015. 
  15. Bibel, Sara (9 de xuño de 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'Silicon Valley', 'Naked & Afraid', 'Married to Medicine', 'Veep' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 9 de xuño 2015. 
  16. Kondolojy, Amanda (16 de xuño 2015). TV by the Numbers, ed. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Tops Night + 'Silicon Valley', NASCAR, 'Botched' & More". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2015.