Saltar ao contido

Sansa Stark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sansa Stark
Primeira aparición
Última aparición
Creador(es) George R. R. Martin
Interpretado por Sophie Turner
Episodios 59
Información
Sexo Feminino
Nacemento 286 AL
Familia Casa Stark
Cónxuxe
Familiares
Residencia Winterfell
King's Landing
The Eyrie
Nacionalidade Sete Reinos

Sansa Stark é unha personaxe ficticia da serie de novelas de fantasía épica A Song of Ice and Fire, do autor estadounidense George R. R. Martin, e da súa adaptación televisiva Game of Thrones, na que foi interpretada pola actriz inglesa Sophie Turner.

Introducida en A Game of Thrones (1996), Sansa é a filla máis vella de Eddard Stark e Catelyn Tully. Posteriormente apareceu nas seguintes novelas: A Clash of Kings (1998), A Storm of Swords (2000) e A Feast for Crows (2005). Malia non aparecer na quinta novela, A Dance with Dragons (2011), Sansa retornará no próximo libro, The Winds of Winter.[1]