Friedrich Miescher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Johannes Friedrich Miescher 13 de agosto de 1844 Basilea, Suíza |
Morte | 26 de agosto de 1895 (51 anos) Davos, Suíza |
Causa da morte | tuberculose |
Reitor da Universidade de Basilea | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Gotinga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tubinga Basilea |
Ocupación | biólogo, profesor universitario, bioquímico, fisiólogo |
Empregador | Universidade de Tubinga Universidade de Basilea |
Membro de | |
Profesores | Felix Hoppe-Seyler (pt) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, New Encyclopedic Dictionary (en) |
Johan Friedrich Miescher, nado en Basilea o 13 de agosto de 1844 e finado en Davos o 26 de agosto de 1895, foi un biólogo suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Illou varias moléculas ricas en fosfatos, ás cales chamou nucleínas (actualmente ácidos nucleicos), a partir do núcleo dos glóbulos brancos en 1869, preparando o camiño para a súa identificación como os portadores da información hereditaria, o ADN. Este descubrimento, que se publicou por primeira vez en 1871, ó principio non asemellou relevante, ata que Albrecht Kossel fixo as súas primeiras investigacións na súa estrutura química.
O descubrimento dos ácidos nucleicos foi realizado no laboratorio de Felix Hoppe-Seyler situado no castelo de Tuebingen. Miescher tamén demostrou que a regulación da respiración depende da concentración de CO2 no sangue.
Miescher e o ADN
[editar | editar a fonte]Miescher era estudante de medicina e no laboratorio de Hoppe-Seyler, o seu mestre, comezou a analizar os restos de pus dos refugallos cirúrxicos, illando os núcleos dos glóbulos brancos e extraendo unha substancia aceda e cargada de fósforo á que denominou "nucleína" (hoxe sabemos que esta substancia é a nucleoproteína). Logo de tratar as células con solucións salinas, alcol, solucións acidas e solucións alcalinas, viu que as células tratadas cunha solución salina daban un precipitado xelatinoso e que as células tratadas cunha solución salina daban un precipitado cando se acidificaba a solución. Miescher supuxo que o precipitado podería estar asociado co núcleo celular. Para ensaiar esta posibilidade dedicouse a illar núcleos. Cando tratou os núcleos illados cunha solución alcalina e logo acidifícouna, observou un precipitado. A análise deste precipitado mostrou que se trataba dun material complexo que contiña entra outras cousas nitroxeno e fósforo. As proporcións eran diferentes a calquera outro material biolóxico estudado polo que concluio que illara un compoñente biolóxico non descrito previamente, asociado case exclusivamente co núcleo.
En 1874, Miescher, que se trasladou a Basilea, comezou as súas investigacións co esperma dos salmóns, e descubriu a presenza dunha serie de substancias, unha aceda (ácido nucléico ou "nucleína") e unha fortemente básica, á que denominou "protamina" e que se identifica coas histonas.
Os estudos de Miescher foron un papel moi importante na bioloxía molecular, que abriu as portas a numerosas probas e experimentos que realizaron varias personalidades diferentes, aínda que na súa época o termo nucleína era moi pouco coñecido e el nunca o propuxo como o ADN que coñecemos hoxe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dahm, Ralf (2008). "Discovering DNA: Friedrich Miescher and the early years of nucleic acid research.". Human Genetics 122 (6): 565–81. doi:10.1007/s00439-007-0433-0. PMID:17901982. Consultado o 15/12/2009.
- Dahm, Ralf (2005). "Friedrich Miescher & the discovery of DNA". Human Genetics 278 (2): 274–88. doi:10.1016/j.ydbio.2004.11.028. PMID:15680349. Consultado o 15/12/2009.
- Meyer Friedman & Gerald W. Friedland, Medicine's 10 Greatest Discoveries, ISBN 0-300-08278-9, pp. 194–196