Saltar ao contido

Fosfato

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rochas de fosfato xunto a unha moeda para comparar o seu tamaño.

Os fosfatos son as sales ou os ésteres do ácido fosfórico. Teñen en común un átomo de fósforo rodeado por catro átomos de osíxeno en forma tetraédrica.

Os fosfatos secundarios e terciarios son insolubles na auga, agás os de sodio, potasio e amonio.

Ortofosfatos

[editar | editar a fonte]

Os fosfatos máis comúns son os ortofosfatos. (Co prefixo "orto" adóitase denominar aos ácidos máis hidratados). Conteñen o anión PO43-. Os ortofosfatos encóntranse amplamente distribuídos na natureza, sobre todo en forma de apatita e forman parte esencial de dentes e osos.

Tamén son compostos indispensables na formulación dos abonos minerais. A súa ausencia limita o crecemento das plantas. Normalmente en xardinería empréganse abonos ricos en fosfato para inducir e fortalecer a floración.

Na industria alimentaria os ortofosfatos (en forma de fosfato de sodio) se utilizan na elaboración de queixo fundido.

Unha achega suficiente de fósforo en forma de fosfato é esencial para o bo funcionamento do corpo humano xa que interveñen nos procesos bioquímicos máis elementais. En experimentos con ratas e ratos non se teñen detectado efectos tóxicos con doses de ata varios gramos por kg de animal.

Os fosfatos forman unha parte importante das augas residuais. Poden ser eliminados con métodos fisicoquímicos precipitándoos con cloruro férrico (FeCl3) ou son retidos nas lamas que se separan e que máis tarde poden ser reconvertidos en compostaxe para abonos orgánicos

Os fosfatos na materia viva

[editar | editar a fonte]
Estrutura do grupo fosfato
Fosfato inorgánico
HPO42−; elementos: P (púrpura); O (vermello); H (branco)

Na materia viva o fósforo aparece sempre en forma de ión fosfato soluble (ortofosfato, PO43−); aínda que tamén se pode obter en reaccións inorgánicas, nas ecuacións bioquímicas abréviase Pifosfato inorgánico»).

Ademais do Pi, nas reaccións pode aparecer implicado o pirofosfato (P2O74−), abreviado como PPi. Da hidrólise do segundo obtense o primeiro. Esa hidrólise é moi exotérmica, e na formación da ponte entre átomos de fósforo é endotérmica, baseándose nesta a función dos transferidores biolóxicos de enerxía, principalmente o ATP.

O fosfato forma parte dos nucleótidos, os monómeros nos que se basea a composición do ADN e os ácidos nucleicos. Tamén hai fosfato na composición dalgúns lípidos formadores de membranas, como os fosfoglicéridos, onde a súa elevada constante de ionización contribúe á carga eléctrica da «cabeza hidrófila».

Nalgunhas disciplinas tamén se denomina como fonte de fósforo orgánico ao producido por seres vivos.

Os fosfatos orgánicos

[editar | editar a fonte]

Os fosfatos orgánicos son ésteres do ácido fosfórico, polo que se caracterizan por ser moléculas máis complexas que outros fosfatos. Sintetízanse por reacción de O=PCl3 cos alcois correspondentes en presenza dunha base. Moitos destes ésteres son neurotóxicos e gardan unha estreita relación cos gases nerviosos e algúns insecticidas. Porén algúns empréganse para amolecer plásticos como o cloruro de polivinilo PVC.

Os trifosfatos

[editar | editar a fonte]

Os trifosfatos 2-O3P-O-PO2--O-PO32- (sales do anhidruro formado por tres grupos de fosfato) empréganse nos deterxentes para abrandar a auga xa que enmascaran o calcio formando un complexo que evitan a súa precipitación. Co tempo hidrolizan para dar ortofosfatos que contribúen á eutrofización das augas superficiais. É por isto que se intenta substituír os trifosfatos por resinas orgánicas ou ceolitas que tamén atrapan o calcio e non tiñen efectos prexudiciais.

Influencias no medio

[editar | editar a fonte]

A incorporación nas formulacións de deterxentes de uso doméstico ten producido fenómenos de eutrofización nos ecosistemas acuáticos continentais e costeiros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]