Francisco Ferrer y Albà
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1779 A Coruña, España |
Morte | 1852 (72/73 anos) A Coruña, España |
Alcalde da Coruña | |
1842 – 1842 | |
Alcalde da Coruña | |
1834 – 1834 | |
Alcalde da Coruña | |
1820 – 1820 | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Francisco Ferrer y Albà, nado na Coruña en 1779 e finado na mesma cidade en 1852[1], foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Francisco Ferrer y Albà, comerciante catalán establecido na Coruña. Casou novo con María Magdalena Andrea Gundián Carrais, filla do procurador da Real Audiencia da Coruña, José Francisco Gundián Bañales, pero quedou viúvo en 1818. Tivo con ela cinco fillos. En 1825 casou por segunda vez con María Ros.
Negocios
[editar | editar a fonte]A súa actividade empresarial comezou cos negocios do seu pai, que abarcaban a industria da salgadura de peixe, os negocios comerciais e as inversións navieiras. Ao mesmo tempo, durante a Guerra da Independencia española e a posterior volta ó trono dos Borbón, Ferrer presta apoio económica á causa liberal. A represión sufrida pola cidade a mans do exército borbónico tras o fracaso das sublevacións liberais supuxo un grave quebranto para a actividade mercantil. Non obstante, no ano 1829 Ferrer constituíu unha sociedade cos seus fillos Francisco e José, que tiña a súa sede no número 12 do Cantón Pequeno coruñés, no edificio que era vivenda familiar. Dita sociedade aparece matriculada en 1830 a casa de comercio de Francisco Ferrer y Albà, que emitía numerosas fianzas de Reais Patentes Mercantes e de Corso para barcos que, dende A Coruña, se dirixían na súa meirande parte a América con mercancías e pasaxeiros. Hai tamén rexistros de fretes de barcos con destino a portos españois.
Ademais diso, Ferrer empregaba as súas embarcacións para comerciar con escravos. Co produto da venda de escravos na Habana adquiríanse produtos das colonias, en especial café, té e azucre, que eran transportados e vendidos na Coruña ou exportados a Europa.
Tivo participación en numerosas empresas adicadas ós seguros e ós transportes. A etapa de recesión económica que afectou a Europa na década de 1840 supuxo o fin da casa comercial de Ferrer, que se declarou en quebra en 1851.
Vida política
[editar | editar a fonte]O 19 de abril de 1820 Ferrer pasou a ser o noveno alcalde do concello da Coruña. O seu goberno municipal era de corte liberal e estaba integrado por burgueses e comerciantes.
En 1834 volveu Ferrer á política municipal como alcalde interino. En 1835 pasou a ser o primeiro rexedor do cabido e en outubro de 1836 xurou o cargo como segundo alcalde. Pouco despois asumiu o cargo de vicepresidente da xunta de comercio da cidade.
En xaneiro de 1842 foi nomeado de novo alcalde da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vilar Rodríguez, M. (2006): "Éxito y ocaso de una saga de negociantes catalanes en Galicia: la Casa de Comercio Francisco Ferrer y Albà (1750-1860)Arquivado 02 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.". Cuadernos de Estudios Gallegos, Vol 53, nº 119 (en castelán)