Saltar ao contido

Fosfolipase C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sitios de clivaxe das fosfolipases. Os encimas fosfolipase C cortan xusto antes do fosfato unido ao residuo R3.

A fosfolipase C (PLC) é un tipo de encimas que cliva os fosfolípidos xusto antes do grupo fosfato unido ao terceiro residuo (ver figura) que forma a cabeza polar do fosfolípido. Hai un encima humano deste tipo, que xoga un importante papel na fisioloxía da célula eucariota, en especial nas vías de transdución de sinais. Nos mamíferos atopáronse trece tipos de fosfolipase C, clasificadas en seis isotipos (β, γ, δ, ε, ζ, η) segundo a súa estrutura.

Variantes de mamíferos

[editar | editar a fonte]

Activación

[editar | editar a fonte]

Os receptores que activan esta vía son principalmente receptores acoplados á proteína G acoplados á subunidade Gαq, entre os que están:

Outros activadores menores son ademais de Gαq son:

Clivaxe mediado por PLC de PIP2 para dar DAG e IP3.

A PLC cliva o fosfolípido fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PIP2) producindo diacilglicerol (DAG) e inositol 1,4,5-trisfosfato (IP3). O DAG permanece unido á membrana, e o IP3 libérase como molécula soluble no citosol. O Despois, o IP3 difunde polo citosol, para finalmente unirse a un receptor de IP3, especialmente canles de calcio do retículo endoplasmático liso. Isto causa que a concentración citosólica de calcio se incremente, causando unha fervenza de cambios intercelulares e actividades.[3] Ademais, o calcio e o DAG xuntos traballan activando a proteína quinase C, que seguidamente fosforila outras moléculas, o que leva a alterar a actividade celular.[3] End-effects include taste, tumor promotion, etc.[3]

Ademais, a fosfolipase C xoga un importante papel na vía inflamatoria. A unión dos antagonistas como a trombina, epinefrina, ou coláxeno, aos receptores de superficie das plaquetas pode desencadear a activación da fosfolipase C para catalizar a liberación de ácido araquidónico de dous importantes fosfolípidos de membrana, o fosfatidilinositol e a fosfatidilcolina. O ácido araquidónico pode despois entrar na vía da ciclooxixenase (producindo prostoglandinas (PGE1, PGE2, PGF2), prostaciclinas (PGI2), ou tromboxanos (TXA2)), e na vía da lipoxixenase (producindo leucotrienos (LTB4, LTC4, LTD4, LTE4).

Noutros organismos

[editar | editar a fonte]

Identificáronse outros encimas fosfolipase C, algúns en bacterias e en tripanosomas, cada un co seu propio número EC, como son:

  1. 1,0 1,1 Walter F., PhD. Boron (2003). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. Elsevier/Saunders. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3.  Page 104
  2. GeneGlobe -> GHRH Signaling Arquivado 27 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Retrieved on May 31, 2009
  3. 3,0 3,1 3,2 Alberts B, Lewis J, Raff M, Roberts K, Walter P (2002). Molecular biology of the cell (4th ed.). New York: Garland Science. ISBN 0-8153-3218-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]