Saltar ao contido

Estado do Iucatán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado do Iucatán
Yucatán (es) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°00′N 89°36′O / 21, -89.6
EstadoMéxico Editar o valor en Wikidata
CapitalMérida Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Abalá (pt) Traducir
Acanceh (pt) Traducir
Akil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 33+
Poboación
Poboación2.320.898 (2020) Editar o valor en Wikidata (58,59 hab./km²)
Lingua usadalíngua de sinais mexicana (pt) Traducir
Lingua maia iucateca
línguas gestuais maias (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie39.612 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1823 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Gobernador Editar o valor en WikidataMauricio Vila Dosal Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso do Iucatán Circunscrición: 15, (Escano: 25) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MX-YUC Editar o valor en Wikidata

Sitio webyucatan.gob.mx Editar o valor en Wikidata

O Iucatán[1] (en castelán: Yucatán; oficialmente Estado Libre y Soberano de Yucatán; en maia iucateco: Xóot' Noj Lu'umil Yúukatan) é un dos 31 estados de México, que xunto con Cidade de México, conforman as 32 entidades federais de México. A súa capital é Mérida e ten 106 concellos. Atópase no norte da península do Iucatán, facendo límite cos estados mexicanos de Campeche ao suroeste; e Quintana Roo ao sueste, o cal foi, até inicios do século XX, parte do estado do Iucatán. Ao norte ten o golfo de México.

Antes da chegada dos conquistadores españois á península do Iucatán, o nome da rexión era Mayab.[2] Na lingua maia, "ma' ya'ab" tradúcese como "uns poucos". Foi unha rexión moi importante da civilización maia, onde chegou ó seu máximo esplendor, e onde se fundaron as cidades de Chichén Itzá, Izamal, Motul, Mayapan, Ek' Balam e Ichcaanzihóo (tamén chamada T'ho), no presente Mérida.[3]

Logo da conquista do Iucatán, a península foi unha única entidade política e administrativa, a Capitanía Xeneral do Iucatán. Despois da inpendencia e a ruptura do Imperio Mexicano en 1823, proclamouse a primeira República do Iucatán, que despois se anexionou voluntariamente á República Federal dos Estados Unidos Mexicanos o 21 de decembro de 1823.[4] O 16 de marzo de 1841, como resultado dun conflito político e cultural co pacto federal, o Iucatán declarou a súa independencia de México, formando a segunda República do Iucatán. Posteriormente, o 14 de xullo de 1848, o Iucatán foi forzado a unirse de novo a México. En 1858, a mediados da guerra de castas, o estado do Iucatán foi dividido por primeira vez, estabelecéndose Campeche como un estado separado (oficialmente en 1863). Durante o Porfiriato, en 1902, o estado do Iucatán foi dividido de novo para formar o territorio federal que se convertería no estado actual de Quintana Roo.[5]

No 2010, o Iucatán foi considerado o estado máis seguro de México[6][7] e Mérida foi recoñecida como Cidade da Paz en 2011.[8][9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maia.
  2. de San Buenaventura, Joseph (1994). Historias de la conquista del Mayab, 1511–1697. p. 183. ISBN 968-6843-59-0. 
  3. (Molina Solís 1896, p. 33)
  4. "Las Diputaciones Provinciales" (PDF) (en castelán). p. 15. 
  5. Casares G. Cantón, Raúl; Duch Colell, Juan; Zavala Vallado, Slvio et ál (1998). Yucatán en el tiempo. Mérida, Iucatán. ISBN 970-9071-04-1. 
  6. Punto Medio (ed.). "Yucatán, el Estado más seguro del país". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  7. Grupo Sipse (ed.). "Confirman a Yucatán como estado más seguro". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  8. Vanguardia (ed.). "Declararán a Mérida ciudad de la paz". Consultado o 10 de abril de 2010. 
  9. Diario de Yucatán (ed.). "Aprovecha Mérida nombramiento de 'Ciudad de la Paz' para atraer inversiones". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.