Estado de Guanajuato
Guanajuato (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Capital | Guanajuato | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.853.677 (2015) (191,25 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Chichimeca Jonaz (en) Lingua otomí de Querétaro | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 30.607 km² | ||||
Altitude | 2.072 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1823 | ||||
Organización política | |||||
• Governador (pt) | Miguel Márquez Márquez | ||||
Órgano lexislativo | Congress of Guanajuato (en) Circunscrición: 22, (Escano: 36) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36, 37, 38xxx | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-GUA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | guanajuato.gob.mx |
O Estado de Guanajuato, é un dos 31 estados do México, localizado no centro do país, e facendo fronteira cos estados mexicanos de Xalisco, San Luis Potosí, Zacatecas Durango, Querétaro e Michoacán. A súa área é de 30.589 km² e a súa poboación é de 4 656 760 habitantes. A capital do Estado é a cidade de Guanajuato. A súa principal fonte de renda é a minaría de prata (o Estado posúe unha das maiores reservas mundiais deste mineral), entre outros como estaño, ouro, cobre, chumbo e mercurio.
Ten unha extensión territorial de 30.491 km². Por esta extensión ocupa o vixésimo segundo lugar entre as entidades de México. É maior que Nayarit, Estado de México, Tabasco, Querétaro, Aguascalientes, Colima, Hidalgo, Morelos, Tlaxcala e o Distrito Federal. Se se compara a súa extensión coa doutras entidades, Guanajuato cabe oito veces en Chihuahua e é sete veces máis grande que Tlaxcala.
O estado de Guanajuato conta con 46 municipios e cada un deles ten unha localidade na que se acha a denominada cabecera municipal, onde se asenta o goberno do municipio.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A verba Guanajuato remóntase ao século XIII ou XIV, cando os purépechas ou tarascos chegaron e ocuparon o que actualmente é o Estado de Michoacán e a parte sur do Estado de Guanajuato. O pobo purépecha acostumaba bautizar os lugares coas súas características físicas, coa abundancia dalgunha planta ou material en específico.
A palabra Guanajuato provén dos vocábulos Kuanasï e Uato da lingua purépecha. O nome significa "Lugar montuoso de ras" ou "cerro de ras". Puxéronlle este nome debido a que os cerros que se encontran arredor da cidade de Guanajuato, aos antigos purépechas pareceulles que tiñan forma de ras.
Historia
[editar | editar a fonte]Os habitantes máis antigos do estado, segundo estudos recentes, puideron ser os chupícuaros; á chegada dos españois, os otomís e os chichimecas eran os grupos que habitaban a rexión.
O feito máis destacable da historia estatal (e tamén feito nacional importante) foi o acontecido na madrugada do 16 de setembro de 1810, nunha pequena localidade de Los Altos, chamada Dolores (actualmente Dolores Hidalgo). O cura Miguel Hidalgo, guanajuatense nado en Pénjamo, e os seus compañeiros independentistas levantáronse en armas contra o réxime virreinal, lanzando o famoso Grito de Dolores.
Xa consumada a independencia iniciada por Miguel Hidalgo, o territorio converteuse nun estado libre e soberano por decreto do 3 de febreiro de 1824.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |