Saltar ao contido

Jesús Barrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Barrio
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 2002 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Real Sporting de Gijón Editar o valor en Wikidata

Jesús Barrio Álvarez, nado en Xixón o 16 de outubro de 1916 e finado o 3 de outubro de 2002, foi un futbolista e adestrador español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa faceta como futbolista, salientou no Racing Club de Ferrol, no que militou nas campañas 1937/38 e 1938/39. Na primeira delas o club verde foi campión de Galicia por segunda vez na súa historia, repetindo título de xeito invicto na seguinte campaña, na que o Racing foi ademais subcampión da Copa de España, ao perder a final ante o Sevilla FC en Montjuïc. Disputou un total de 19 partidos oficiais co equipo verde, marcando 17 goles. Ademais, en xuño de 1938, converteuse no primeiro xogador en marcarlle un gol ao que logo sería histórico gardameta do Deportivo da Coruña, Xoán Acuña.[1]

Na tempada 1939/40 xogou co Oriamendi na Segunda División, e na seguinte fíxoo no Sporting de Gijón.

Foi adestrador do Deportivo da Coruña nas tempadas 1959–60 e 1960–61, co club galego en Segunda División, e dirixiu varias veces o Sporting, co que logrou un ascenso a Primeira División na tempada 1956/57.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]