Saltar ao contido

Ely do Amparo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEly do Amparo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1921 Editar o valor en Wikidata
Paracambi, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 1991 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Paracambi, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura184 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1939–1939 America Football Club
1940–1945 Canto do Rio Foot-Ball Club
1945–1952 Club de Regatas Vasco da Gama
1953–1955 Sport Club do Recife
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1949–1954   Brasil 19(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club de Regatas Vasco da Gama Editar o valor en Wikidata
Participou en
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
1953Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1953 (pt) Traducir
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950
1949Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1949 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63848 Editar o valor en Wikidata

Ely do Amparo, coñecido simplemente como Ely, nado en Paracambi o 14 de maio de 1921 e finado no Río de Xaneiro o 9 de marzo de 1991,[1] foi un futbolista brasileiro, que xogaba como defensa. Foi internacional coa selección brasileira, coa que disputou dúas Copas do Mundo (1950 e 1954).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no America, en 1939, pasando en 1940 ao Canto do Rio, no que militou durante cinco anos.

En 1945 fichou polo Vasco da Gama,[1] onde formou parte do chamado Expresso da Vitória,[2] o equipo do Vasco que conquistou varios títulos nas décadas de 1940 e comezos de 1950. Disputou un total de 367 partidos co club e gañou cinco veces o Campionato Carioca (en 1945, 1947, 1949, 1950 e 1952).[3] En 1948 proclamouse campión do histórico Campionato Suramericano de Clubs, considerado o antecesor da Copa Libertadores.[1]

En 1953 foi traspasado ao Sport, co que gañou dous Campionatos Pernambucanos antes de retirarse en 1955.[1]

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

Foi 19 veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou en 1949. Ese mesmo ano disputou o Campionato Suramericano, proclamándose campión tras derrotar na final a Paraguai.[4] Foi parte do equipo brasileiro no Mundial de 1950, onde foi titular no partido inaugural do seu equipo ante México, formando liña defensiva xunto con Augusto e Juvenal.[5] Non disputou máis partidos naquel torneo, no que o seu equipo acabou segundo despois de perder ante o Uruguai no Maracanazo.

Formou parte do equipo que gañou o Campionato Panamericano en 1952.[1] Acudiu coa selección tamén ao Mundial de 1954, pero non chegou a xogar ningún encontro.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Vasco da Gama
Sport
Selección do Brasil
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Enciclopédia do Futebol Brasileiro (en portugués). Río de Xaneiro: Aretê Editorial S/A. 2001. p. 68. ISBN 85-88651-01-7. 
  2. Rozenberg, Marcelo (11 de setembro de 2008). "Eli do Amparo ou Ely do Amparo (ex-médio e lateral do Vasco)" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2011. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  3. "No centenário de Ely do Amparo, neta do ex-craque faz Tour pela Colina Histórica" (en portugués). 14 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  4. "Southamerican Championship 1949". rsssf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  5. "Brasil 4-0 México". FIFA (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2022.